InicioPOLÍTICAGoretti, pendente do informe do secretario do Concello sobre a situación do...

Goretti, pendente do informe do secretario do Concello sobre a situación do grupo socialista

O secretario ten 10 días para facer ese informe tras a suspensión de Gonzalo Muíños

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, espera ter antes de 10 días o informe solicitado ao secretario do Concello sobre que implicación ten para a vida municipal a situación do concelleiro socialista Gonzalo Muíños tras ser suspendido 18 meses a raíz do conflito coa dirección local. En declaracións tras participar na recepción ao presidente do Sindicato de Xornalistas Palestino, Nasser Abu Baker, Sanmartín sinalou que o informe, ademais de cuestións sobre o regulamento, tamén analizará os temas que teñen que ver coa portavocía, despois de que a dirección local do PSOE apostase por Sindo Guinarte para exercer este cargo, pero o grupo municipal ratificou o seu apoio a Muíños.

“Todo iso está solicitado. O secretario ten 10 días para facer ese informe, que estou segura de que vai ser antes porque é unha persoa eficiente, dilixente. En canto teñamos esa información, tamén a comunicaremos”, sinalou. Ademais, cuestionada sobre as relacións do Goberno local cos socialistas en Raxoi a rexedora manifestou que falou “con todo o mundo”. En concreto, detallou que Gonzalo Muíños mantívoa informada “desde o primeiro momento” de cal era a situación e que estaba a ocorrer. Tamén falou con Guinarte, dixo, “para saber “que era o que estaba a ocorrer”. En todo caso, reafirmou que se trata dun tema que “lle compete ao Partido Socialista de Galicia” e que, insistiu, “terán que resolvelo de maneira interna”. “Non facemos inxerencias nin valoracións nese sentido, pero, por suposto, estamos en contacto con todo o mundo, con todos os concelleiros e concelleiras”, resolveu.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...