InicioCULTURAFonseca acolle unha exposición sobre a orixe do anime a través da...

Fonseca acolle unha exposición sobre a orixe do anime a través da obra de Tadahiko Horiguchi

A exposición poderá visitarse de luns a venres desde as 11.00 ata as 14.00 horas e desde as 17.00 ata as 20.30 horas.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Claustro Alto do Colexio de Fonseca de Santiago acollerá ata o próximo 28 de febreiro unha exposición que explora a orixe do anime a través de 28 pinturas de Tadahiko Horiguchi, un dos fundadores do anime xaponés e discípulo do “deus da manga” Osamu Tezuka. Parte da obra deste “importante creador” poderá visitarse desde este luns grazas á colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Araguaney-Puente de Culturas no marco da ‘Cátedra para o Diálogo entre Culturas’.

O encargado de inaugurar a mostra ‘A orixe do Anime na mirada de Tadahiko Horiguchi’ foi o reitor da USC, Antonio López Díaz, nun acto no que tamén participou o presidente de honra da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber Ibrahim, o autor da mostra, Tadahiko Horiguchi, que participou por videoconferencia, o director Ryosuke Takahashi e a pianista Mine Kawakami, entre outros.

Segundo detallou a USC nunha nota de prensa, a mostra está composta por 28 pinturas de Horiguchi realizadas en diferentes formatos e materiais, desde rotuladores, ata lapis de cores, tinta chinesa, tinta de cores ou acuarelas. Así mesmo, explicou que as obras deste artista exploran temas relacionados coa natureza, a cultura e a vida cotiá, “utilizando cores vibrantes e técnicas que capturan a esencia dos suxeitos e a importancia das diferentes luces que se dan ao longo do día”.

Como actividade complementaria da exposición, este mércores celebrarase a conferencia ‘Unha viaxe en primeira persoa pola historia do anime xaponés: dende Astro Boy ata os nosos días’, que ofrecerá Ryosuke Takahashi no Salón Nobre do Colexio de Fonseca ás 19.00 horas. Con todo, a exposición poderá visitarse de luns a venres desde as 11.00 ata as 14.00 horas e desde as 17.00 ata as 20.30 horas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...