InicioSOCIEDADECatorce acusados de menudear con cocaína e heroína na cidade aceptan entre...

Catorce acusados de menudear con cocaína e heroína na cidade aceptan entre 2 e 4 anos e medio de cárcere

O ingreso en prisión queda suspendido a cambio de non delinquir e, nalgúns casos, someterse a tratamentos de desintoxicación

Publicado o

Xornal de Compostela

Catorce persoas acusadas de menudear con cocaína e heroína en Santiago de Compostela entre, polo menos, o ano 2019 e finais de 2020 aceptaron penas que van de entre os dous ao catro anos de cárcere, aínda que o ingreso en prisión queda suspendido a condición de non delinquir durante un período determinado e, para cinco deles, coa obrigación de someterse a tratamentos de desintoxicación da súa adicción ás drogas. As partes chegaron a un acordo antes da celebración este luns na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña da vista da causa derivada da denominada operación ‘Barrido’, desenvolvida na capital galega en decembro de 2020 e que desactivou varios puntos conflitivos de venda de estupefacientes en distintos barrios da cidade.

Dos 28 procesados, 14 recoñeceron a súa culpabilidade e acordaron condenas de que oscilan entre os dous e o catro anos e medio de cárcere por delitos contra a saúde pública derivados do tráfico de estupefacientes. Para outros dez foron retirados os cargos por parte de Fiscalía, mentres que os catro restantes, ou ben faleceron durante a fase de instrución ou se atopan fuxidos da xustiza. Ademais, un dos condenados tamén aceptou unha multa e varios meses de prisión por agredir a un axente de Policía durante o operativo no que foi arrestado. Acusación particular e Ministerio Público mantiñan contra esta persoa unha petición dun ano e medio de cárcere por un delito de atentado, finalmente rebaixado a agresión, polo que terá que indenmnizar ao policía con 850 euros.

ACORDO DE CONFORMIDADE

O acordo de conformidade, lido na sesión celebrada na mañá deste luns nos xulgados composteláns, foi alcanzado nun encontro entre as partes celebrado días antes da data sinalada para a celebración do xuízo. Desta forma, Fiscalía aceptou rebaixar as peticións de pena, acordando nalgúns casos a atenuante por adicción aos estupefacientes e aplicando o agravante de reincidencia para oito deles. O acordo tamén contempla a suspensión do ingreso en prisión para os condenados, que deberán cumprir un prazo de entre tres e cinco anos sen delinquir. Ademais, cinco dos 14 procesados tamén deberán someterse a un tratamento de desintoxicación para deixar de consumir drogas. Así mesmo, fixa unha serie de multas que oscilan entre os 25.000 euros a máis alta a menos de 100 euros no rango máis baixo.

OPERACIÓN

O percorrido xudicial deste caso procede do ano 2019, cando se iniciou a investigación derivada na operación ‘Barrido’, enmarcada no plan global para a preparación do Ano Santo Xacobeo 2021 que desenvolve a comisaría da capital galega. En decembro de 2020, un total de 25 persoas foron detidas durante un dispositivo despregado en Santiago, Brión (parroquia de Bastavales), Mos, Salceda de Caselas e O Porriño. Os axentes lograron desarticular 14 puntos negros de venda de cocaína e heroína na capital galega, á que chegaban a través de provedores asentados na propia cidade de Santiago e en Mos.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...