InicioPOLÍTICAAcordo entre o goberno local de Santiago e o PSOE para dar...

Acordo entre o goberno local de Santiago e o PSOE para dar luz verde aos orzamentos de 2025

Publicado o

Xornal de Compostela

O goberno local de Santiago chegou a un acordo co grupo municipal socialista para sacar adiante os orzamentos do concello compostelán para 2025. Está previsto que este martes, ás 11.30 horas, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, en representación do grupo municipal do BNG, María Rozas, en representación de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños, en representación do Grupo Municipal Socialista, asinen o acordo.

Este pasado fin de semana o PSOE de Santiago daba a coñecer as súas demandas para apoiar as contas municipais, que pasaban por impulsar a licitación do novo complexo deportivo de Santa Marta, a renovación doutros equipamentos como parques infantís, a tramitación de zona de mercado residencial tensionado nos próximos meses, así como a constitución da nova Emuvissa.

Do mesmo xeito, reclamaban que se realicen dúas convocatorias dos ‘Bonos Corazón’ (do comercio) –unha na primavera e outra no outono cun fondo de 300.000 euros cada unha– e o impulso das reurbanizacións comprometidas na Rúa García Lorca (Vite) e na Rúa Mallou. Así mesmo, nun almorzo informativo o venres, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, xa sinalaba que o seu Executivo traballaba “de maneira intensa” na negociación co grupo municipal socialista e avanzaba que “en breve” trasladaría “noticias definitivas para ter un orzamento”.

As negociacións enmarcáronse nun contexto de crise interna do PSOE local no que os seus edís se enfrontan a un expediente disciplinario por parte da dirección tras votar a favor no pleno de rexeitar que se puidesen regularizar os pisos turísticos que operaban antes do cambio de normativa.

Naquel momento, a executiva local que dirixe Aitor Bouza ordenara a abstención e o seis concelleiros socialistas desobedeceron o mandato. Días despois, o portavoz municipal, Gonzalo Muíños, tamén desatendeu á dirección tras instalo a renovar o persoal de confianza do grupo no Concello.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...