InicioECONOMÍAA Área de Compostela entre as que posúe maior índice de absentismo...

A Área de Compostela entre as que posúe maior índice de absentismo laboal

Así o informaron o presidente da Xunta Alfonso Rueda e o conselleiro de Sanidade Antonio Gómez Caamaño

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Sanidade emprendeu desde xuño de 2024 un plan especial de inspección de incapacidades temporais polo cal revisou uns 20.000 casos. De todos eles, en aproximadamente 13.600, dous de cada tres, a baixa “non estaba xustificada” e foron dados de alta.

Son cifras que deron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do ramo, Antonio Gómez Caamaño, na súa comparecencia ao termo da primeira reunión do Goberno galego de 2025. Ambos explicaron que as áreas sanitarias de Santiago-Barbanza, Ferrol e Lugo-A Mariña Monforte eran as tres con maiores índices de absentismo laboral e que, por iso, Sanidade implantou unidades de apoio para revisar todos os casos.

caso da área da capital galega é o máis salientable, porque a Administración galega detectou que “só o 44,18 por cento” do total das baixas —menos da metade— estaban realmente xustificadas. Na de Ferrol, a porcentaxe era do 61,34%, mentres que en Lugo, do 60,99%.

O que fixo o servición de Inspección de Sanidade foi citar presencialmente a esas máis de 20.000 persoas que estaban de baixa –tamén traballadores públicos– e entrevistarse cos médicos de cabeceira.

“REDUCIR E AXILIZAR OS TRÁMITES”

Todo responde a un plan da Xunta para “reducir e axilizar os trámites” sobre as incapacidades temporais, pero “con garantías”. “As persoas que teñan unha causa xustificada, están no seu dereito (de estar de baixa), faltaría máis. Pero que estas persoas estean nesta situación e non haxa razóns obxectivas para iso tira índices de absentismo moi preocupantes”, aseverou Alfonso Rueda.

Posteriormente, o conselleiro sinalou que é un “problema multifactorial” que ten un “amplo impacto” na sociedade, tamén a nivel económico para o sistema público “que é o que paga”. A preguntas dos medios, o titular de Sanidade recoñeceu que son os propios médicos os que conceden as baixas laborais. Por iso mesmo, explicou, a Xunta por medidas como a “formación continua” aos profesionais”.

Para ese efecto, en 2024 o MIR de Medicina Familiar e Comunitario rotaron tamén polas unidades de inspección e control de saúde laboral do catro provincias. Ao final, dixo Gómez Caamaño, as medidas do plan “van enfocadas a todo o proceso”.

MEDIDAS

Nesta liña, o conselleiro destacou que as probas que realizan as mutuas xa están incluídas na historia clínica electrónica de cada paciente no Sergas. Así, ao longo do ano pasado, a sanidade pública galega autorizou 10.806 probas feitas polas aseguradoras. Outra das medidas é fixar unha cita presencial para consulta nos partes de baixa emitidos polo facultativo de Primaria, que estima a duración do proceso de incapacidade temporal e que establece a data do próximo recoñecemento. Isto evitará que o paciente deba solicitar a consulta e corra o risco de que non haxa oco.

ÚLTIMAS

A USC en mans de mulleres: catro candidatas se presentan para reitoras tras a retirada de Mar Lorenzo

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) pechou este venres o prazo de presentación...

Outro corte do túnel do Hórreo por falta de policías

O túnel do Hórreo, que dá acceso a Santiago pola SC-20, volverá estar cortado,...

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A IA e a Xeración Z centran o Foro Talentia celebrado hoxe en Santiago

O Palacio de Congresos acolleu esta tarde unha nova edición do Foro Talentia, un...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here