InicioPOLÍTICAA Xunta anuncia o primeiro edificio de aloxamento compartido para mozos en...

A Xunta anuncia o primeiro edificio de aloxamento compartido para mozos en Santiago

Trátase de minipisos de 33 e 44m2.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta deu o primeiro paso para a construción do primeiro edificio de aloxamento compartido para menores de 36 anos que se situará en Santiago coa licitación da redacción do proxecto por un importe de máis de 322.000 euros. O Consello da Xunta deste luns autorizou a licitación deste contrato, que abarca a redacción do proxecto e a dirección da obra que levantará un inmoble na zona de Xoán XXIII que acollerá “aproximadamente” 60 vivendas dun ou dous dormitorios, zonas comúns, lavandaría e cuartos de limpeza.

O da capital galega será o primeiro dos edificios que a Administración autonómica promoverá a través deste modelo de aloxamentos compartidos de carácter temporal por un período máximo de tres anos. Cada aloxamento terá unha superficie duns 33 metros cadrados naqueles dun dormitorio e de 44 m2 nos de dous, e contarán cunha zona para estar, comer e cociñar –integradas ou separadas en pezas independentes– e un cuarto de baño.

O inmoble disporá dunha sala orientada a que os residentes poidan traballar de forma individual ou colaborativa, unha zona de usos múltiples para reunións, ximnasio ou eventos, así como áreas de lavandaría e tendido de roupa ou cuartos de limpeza. A superficie estimada construída sobre rasante será de 4.000 metros cadrados, dos cales, 3.300 destinaranse a aloxamentos e 700 m2 aos locais de uso compartido, segundo especificou a Xunta.

MEDIDAS DE VIVENDA DA REUNIÓN DE ‘BARÓNS’ DO PP

Precisamente no ámbito das políticas de vivenda, Rueda reafirmouse en que a práctica totalidade de propostas que saíron da reunión que o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, “están a aplicarse ou se van a aplicar en Galicia” unha vez que entrou en vigor a lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos de 2025.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...