InicioDEPORTESO Compos remonta e logra un empate heroico contra o Numancia

O Compos remonta e logra un empate heroico contra o Numancia

O empate chega no último suspiro tras ir perdendo por dous goles a poucos minutos do final

Publicado o

Xornal de Compostela

O SD Compostela iniciou o 2025 cun empate heroico fronte ao Numancia no Estadio Verónica Boquete. O partido, que parecía perdido nos minutos finais cun 0-2 en contra, concluíu cun resultado final de 2-2, grazas ao esforzo e determinación dos xogadores branquiazuis.

RESISTENCIA E REMOTADA FINAL

Durante boa parte do partido, o Numancia levou a iniciativa, xerando perigo na portería compostelá. O gardameta Rabanillo, nunha actuación destacada, evitou en varias ocasións que os visitantes ampliaran a súa vantaxe. Pola súa banda, o Compos mostrou unha mellor cara tras o descanso, pero foi o equipo visitante quen logrou adiantarse no marcador.

A dez minutos do final, Alain Ribeiro marcou o primeiro gol para o Numancia tras culminar un contragolpe. Pouco despois, Dieste ampliou a vantaxe para os visitantes cun segundo tanto que parecía sentenciar o encontro.

Non obstante, o Compostela non se rendeu e buscou a épica. No minuto 89, Pablo Crespo recurtou distancias cun remate preciso tras unha xogada de Hugo Matos. Xa no desconto, e nunha das últimas xogadas do partido, un balón colgado á área permitiu que Santi de Prado peinase o esférico, deixando a Ocaña en boa posición para empatar co seu disparo. O 2-2 desatou a euforia na bancada.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here