InicioCULTURA(AXENDA) Comeza o ano con cultura: mellores plans para a segunda fin...

(AXENDA) Comeza o ano con cultura: mellores plans para a segunda fin de semana de xaneiro en Santiago de Compostela

Arrinca o 2025 con unha axenda cultural diversa en Santiago: arte, música, exposicións, espectáculos infantís e deporte! Deixámosche aquí unha pequena selección:

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández
  • FESTAS E EVENTOS

Feira de antigüidades e coleccionismo: Os días 11 e 12 de xaneiro, Área Central acollerá a primeira edición da Feira de Antigüidades e Coleccionismo, organizada pola asociación cultural Ferro Vello. Haberá trinta stands con produtos como porcelana, libros, reloxos, maletas, máquinas de escribir, selos e lámpadas. O horario será o sábado de 11.00 a 21.00 h. e o domingo de 11.00 a 20.00 h. A entrada é de balde e terá lugar na esquina vermella e azul de Área Central. Ademais, inclúe un mercadillo de produtos Playmobil e un sorteo de 300 euros para gastar na feira.

Cartaz da I feira de antigüidades e coleccionismo de Área Central – areacentral.es
  • MÚSICA

Tarque & La Asociación del Riff: A banda de rock liderada por Carlos Tarque actuará o sábado 11 de xaneiro na Sala Capitol como parte da súa xira Volumen 2, e  estará acompañado por Carlos Raya, Iván González ‘Chapo’ e Eduardo Giménez ‘Coki’, presentando os temas do seu último disco. As entradas están dispoñibles desde 25 euros e a apertura de portas será ás 20:30 h.

Imaxe promocional do grupo Tarque – cultura.gal

 

  • EXPOSICIÓNS

Outras historias posibles: Ata o 26 de xaneiro de 2025, a Cidade da Cultura de Galicia acolle a exposición Outras historias posibles, unha mostra que reúne o traballo de seis artistas contemporáneas galegas ou vinculadas á nosa terra: Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré. Comisariada por Susana Cendán, a exposición revisa as súas traxectorias nos anos 80, destacando o seu talento e dedicación nun contexto pouco favorable para a creación artística feminina. A mostra combina un enfoque reivindicativo e celebratorio, situando a obra destas creadoras no lugar que merece na historia da arte contemporánea. Entrada libre ata completar capacidade.

Exposición – cidadedacultura.gal

 

  • INFANTIL

Ondamina: O sábado 11 de xaneiro ás 12:00 horas, a Biblioteca Pública Ánxel Casal será o escenario do espectáculo Ondamina, a cargo de Mamá Cabra, con motivo do Día da Usuaria e do Usuario. Trátase dun casting musical interactivo para nenos e nenas de 1 a 6 anos, onde a música, o baile e o xogo serán os protagonistas. O evento terá lugar no salón de actos, dirixido a público familiar, e a entrada será libre ata completar a capacidade.

Imaxe de MamáCabra – cultura.gal
  • DEPORTE

Primeira FEB: Monbus Obradoiro-Alimerka Oviedo Baloncesto: O sábado 11 de xaneiro ás 18:30 horas, o Monbus Obradoiro enfrontarase ao Alimerka Oviedo Baloncesto nun partido da Liga Primeira FEB. O encontro terá lugar no pavillón situado na Rúa Diego Bernal, O Multiusos Fontes do Sar. Entradas dispoñibles na páxina web do club: ‘Obradoirocab.com’.

 

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here