InicioSANTIAGOCITMAga avanza na loita contra a vertixe persistente con tratamentos personalizados

CITMAga avanza na loita contra a vertixe persistente con tratamentos personalizados

Un proxecto innovador con apoio do CHUS busca novas solucións para este trastorno incapacitante

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) está a desenvolver un proxecto pioneiro que busca tratamentos personalizados para persoas afectadas por vertixe persistente, un trastorno incapacitante causado por alteracións no oído interno. A iniciativa conta coa colaboración dos complexos hospitalarios universitarios de Santiago (CHUS), Lugo (HULA) e Pontevedra, e está coordinada polos investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Alberto Pérez Muñuzuri e Ismael Arán Tapia.

A vertixe persistente orixínase cando partículas de calcio se desprenden do seu lugar habitual no utrículo e alteran o movemento do líquido endolinfático nos canles semicirculares, estruturas do oído interno responsables do equilibrio. Este desaxuste provoca que o cerebro reciba información errónea sobre os movementos da cabeza, causando a sensación de rotación ou caída.

Un dos maiores retos no tratamento da vertixe é a diversidade na xeometría dos canles do oído interno, o que dificulta a eficacia das manobras tradicionais empregadas para recolocar as partículas. Para abordar este problema, os investigadores están a empregar técnicas avanzadas como a resonancia magnética e o procesamento de imaxes en 3D, coas que poden reconstruír a estrutura específica dos canles en cada paciente.

“Coñecer a xeometría exacta permítenos aplicar algoritmos de intelixencia artificial e simulacións dinámicas para modelar o comportamento do líquido endolinfático e das partículas responsables da vertixe”, explica Muñuzuri.

A ferramenta desenvolvida polo CITMAga integra ecuacións matemáticas que simulan o movemento dos fluídos e partículas nos canles do oído interno. Estas simulacións están a realizarse no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e permiten planificar tratamentos específicos para cada paciente.

No ámbito clínico, o equipo dispón dunha cadeira especial que permite colocar ao paciente na posición precisa determinada polas simulacións. Ademais, mediante o uso de gafas especiais, os médicos poden verificar a correcta aplicación do tratamento en tempo real.

Os ensaios clínicos, realizados en pacientes dos hospitais de Santiago, Lugo e Pontevedra, lograron resultados positivos na maioría dos casos tratados. “É moi satisfactorio axudar a persoas que sofren un trastorno tan limitante, mellorando a súa calidade de vida e permitindo que recuperen actividades cotiás como conducir ou traballar”, sinala un dos investigadores da USC.

O equipo de investigación busca agora expandir o estudo a outros hospitais de España e Portugal para validar o enfoque en diferentes contextos clínicos. Ademais, destacan a versatilidade do seu traballo en dinámica de fluídos e procesamento de imaxes, coa posibilidade de adaptalo a outras doenzas.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here