InicioSANTIAGOAMESAmes licita as obras de pavimentación en Biduído de Arriba cun orzamento...

Ames licita as obras de pavimentación en Biduído de Arriba cun orzamento de 185.000 euros

O proxecto enmárcase no POS+ Adicional 2/2024 e contempla melloras en catro localidades do rural

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames deu un novo paso no seu compromiso coas infraestruturas rurais ao aprobar a licitación das obras de pavimentación de viarios no núcleo de Biduído de Arriba, cun orzamento base de 185.104,42 euros. A actuación está incluída no POS+ Adicional 2/2024 e forma parte dun plan máis amplo que busca mellorar a funcionalidade e seguridade viaria nos interiores dos núcleos rurais.

Segundo o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, este proxecto reflicte o obxectivo do goberno local de acondicionar as vías en zonas rurais: ‘A través do POS+ Adicional 2/2024, temos a posibilidade de executar catro novas obras, garantindo que as estradas estean en óptimas condicións para a cidadanía’.

Ademais de Biduído de Arriba, as obras do POS+ inclúen a pavimentación de viarios no Castro de Ortoño, a senda entre A Ponte Maceira e Carballo, e melloras na seguridade viaria en Covas. Estas actuacións, xunto coas melloras no edificio da Escola Municipal de Música e Protección Civil en Aldea Nova, supoñen un investimento total de 986.033,68 euros.

DETALLES DO PROXECTO

O proxecto para Biduído de Arriba inclúe a reparación do firme existente con formigón e aglomerado, así como a instalación dunha nova rede de drenaxe e iluminación. Os traballos abranguen:

  • Viarios principais: aplicación de formigón HM-20 con mallazo, demolición do firme antigo e instalación de franxas de granito.
  • Viarios secundarios: nivelación con zahorra e aplicación de aglomerado en quente tras reparar focancas e perfilar mordentes.
  • Drenaxe: canalización de 320 metros de tubo de polipropileno para a recollida de augas pluviais, complementado con arquetas, pozos e canles de fundición dúctil.
  • Iluminación: colocación de canalizacións de polipropileno de 90 mm para futuros puntos de luz pública.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here