InicioSOCIEDADESantiago honra a Valle-Inclán e Díaz Pardo no cemiterio de Boisaca

Santiago honra a Valle-Inclán e Díaz Pardo no cemiterio de Boisaca

Cultura e memoria histórica mestúranse nun acto no que participaron familiares e representantes culturais.

Publicado o

Xornal de Compostela

O cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela, acolleu as ofrendas florais para conmemorar a figura de Ramón María do Valle-Inclán no 89 aniversario do seu falecemento e os 13 anos da morte de Isaac Díaz Pardo.

No acto, celebrado este domingo nunha xornada marcada pola choiva, participaron o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, familiares dos autores e representantes da Asociación de Amigos de Valle-Inclán, entre outros. López Campos remarcou o feito de que no cemiterio tamén repousan os restos de Antón Fraguas e Ricardo Carvalho Calero, autores homenaxeados co Día das Letras Galegas.

Así mesmo, remarcou a “extraordinaria relevancia” no século XX dos dous escritores e incidiu en que “máis aló do enorme talento” hai que enxalzar a “profunda pegada humana” que deixaron entre todos os galegos.

Pola súa banda, a alcaldesa compostelá lembrou que os dous intelectuais “son moi importantes” para Santiago e subliñou a conexión de ambos con Castelao, que protagoniza este 2025.

Neste sentido, fixo referencia a que os dous intelectuais “comparten lugares e espazos significativos” como na Alameda, coas dúas estatuas, de ambos, sentados nun banco “mirando con calma Santiago”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O xulgado inicia a execución da sentenza de Angrois e dá un mes a QBE para pagar as indemnizacións pendentes

O Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela puxo en marcha a execución da...

O bombeiro Jimmy Go completa os 30 maratóns pola prevención do suicidio en Santiago

O bombeiro madrileño Jaime Domínguez, coñecido nas súas redes sociais como Jimmy Go, completou...

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...