InicioPOLÍTICAO Concello aproba o aluguer dun inmoble único para centralizar os servizos...

O Concello aproba o aluguer dun inmoble único para centralizar os servizos municipais

A medida busca mellorar a atención á cidadanía e optimizar a xestión administrativa

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela deu luz verde ao expediente de contratación para o aluguer dun inmoble único no que se centralizarán os diferentes servizos administrativos municipais. A aprobación foi realizada durante a última Xunta de Goberno Local, cun orzamento base de 1.058.750 euros para este contrato.

O obxectivo principal desta medida é acabar coa dispersión actual dos departamentos municipais, que inclúen áreas como Administración, Urbanismo, Xestión Orzamentaria, Contabilidade e Tesouraría. Segundo explican desde o Concello, esta reorganización permitirá facilitar o acceso da cidadanía aos servizos e avanzar cara a unha administración máis áxil e eficiente.

‘O novo inmoble deberá cumprir coas características necesarias para acoller ao persoal municipal de diversas áreas’, sinala o goberno local.

O contrato proposto implica que o Concello dispoña dun edificio en réxime de aluguer onde poderán reunirse os servizos administrativos que actualmente están distribuídos en diferentes localizacións. Esta iniciativa tamén busca optimizar a atención á veciñanza, ofrecendo un espazo centralizado que simplifique os trámites e consultas que realizan os cidadáns composteláns.

A medida enmárcase na estratexia do Concello de Santiago de modernizar e reorganizar os seus servizos administrativos, con vistas a mellorar a eficiencia na xestión pública e ofrecer unha experiencia máis satisfactoria á cidadanía.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...