InicioPOLÍTICARaxoi aproba a reforma do complexo de Santa Isabel e o proxecto...

Raxoi aproba a reforma do complexo de Santa Isabel e o proxecto ‘Barrio Verde’ de Pontepedriña

O investimentos de ámbolos dous proxectos suma case 5 millóns de euros

Publicado o

Xornal de Compostela

A xunta de goberno local de Santiago de Compostela aprobou o luns dous proxectos que suman case 5 millóns de euros: a reforma do complexo deportivo de Santa Isabel, financiada por fondos europeos ‘Next Generation’; e o proxecto ‘Barrio Verde’ da Pontepedriña.

Con respecto ao primeiro, o goberno de Goretti Sanmartín deu ‘luz verde’ ao expediente de contratación das obras de rehabilitación integral de Santa Isabel, que ten un orzamento basee de licitación (IVE incluído) duns 3 millóns achegados polo programa ‘Next Generation’ e ao amparo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Ademais, Raxoi aprobou o proxecto básico e de execución da obra coñecida como ‘Barrio Verde da Pontepedriña‘, que buscará renaturalizar o tecido urbano entre a rúa de Amor Ruibal e o Parque Eugenio Granell. É unha actuación dotada de máis de 1,9 millóns de euros e cun prazo de execución de sete meses que está enmarcada no proxecto ‘Entre ou Sar e ou Sarela’

Tal e como informaba en rolda de prensa o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, a iniciativa inclúe, entre outras actuacións, un “corredor ecolóxico” e a redución da estrada a só un carril para cada sentido, xunto cunha senda ciclista e unha reordenación dos aparcadoiros e os servizos urbanos.

OUTRAS OBRAS

Tamén en relación con obras, o executivo municipal aprobou o expediente para licitar por máis de 320.000 euros os traballos de rexeneración do pavimento da estrada en rúa de San Martiño, en Aríns. Así mesmo, a xunta de goberno acordou o expediente de contratación da reurbanización da rúa Ponte a Raíña, por case 500.000 euros; e a licitación das obras de mellora da accesibilidade no cruzamento entre Xeneral Pardiñas e República do Salvador, por máis de 66.000 euros.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...