InicioPOLÍTICAO Concello de Santiago denega a licenza para a construción de dúas...

O Concello de Santiago denega a licenza para a construción de dúas edificacións no antigo Peleteiro

Publicado o

Xornal de Compostela

A xunta de goberno local do Concello de Santiago acordou este luns denegar a ‘Arqura Homes’, Fondo de Activos Bancarios, a licenza de obra nova para a construción de dúas edificacións nas parcelas do antigo Peleteiro, no Ensanche compostelán.

En rolda de prensa, o edil de Urbanismo, Iago Lestegás, detallou que a denegación por parte municipal vén motivada porque o proxecto incumpre as Normas de Habitabilidade de Galicia no que se refire a os servizos das vivendas, en concreto no relacionado á disposición de espazos de almacenaxe, e porque omite o proxecto de urbanización do espazo libre público.

“Así se lle comunicou á propiedade formalmente ata en tres ocasións antes de proceder á denegación da licenza de obra”, insistiu. Segundo explicou, o plan PERI-12, aprobado en 2005, que o proxecto presentado executa, permite simultanear as obras de urbanización e as de edificación.

Así, as de urbanización consisten fundamentalmente na apertura dunha nova rúa de trazado curvo que conectaría San Pedro de Mezonzo e República Arxentina e que serviría de soporte ás novas edificacións.

Con todo, sostivo o Executivo municipal, o plan de etapas do PERI-12 establece a necesidade de aprobar un proxecto de urbanización, que debe tramitarse de acordo co procedemento correspondente e por tanto debe ser sometido a información pública durante un prazo mínimo dun mes, xa que “o dereito de participación da cidadanía no procedemento de execución do plan ten carácter esencial”..

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...