InicioSANTIAGOBRIÓNBrión impulsa a vivenda protexida coa adquisición de catro parcelas en Liñares

Brión impulsa a vivenda protexida coa adquisición de catro parcelas en Liñares

O Concello investirá 164.560 euros en terreos destinados a vivenda protexida e libre

Publicado o

Xornal de Compostela

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, anunciou a adquisición de catro parcelas no lugar de Liñares destinadas á construción de vivenda protexida e libre, marcando un fito no municipio. A formalización da compra, por un importe de 164.560 euros, tivo lugar este venres nunha notaría de Santiago de Compostela.

É un día histórico para Brión, pois será a primeira vez que se promova vivenda protexida no noso municipio”, destacou o alcalde tras a sinatura do acordo. A adquisición, realizada á Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de Reestructuración Bancaria (SAREB), permitirá ao concello dispoñer de 4.295 metros cadrados de superficie, cun aproveitamento urbanístico de 2.125 metros cadrados edificables en cada parcela.

As fincas están situadas estratexicamente en Liñares, preto da entrada e saída da autovía Santiago-Brión e ao inicio da avenida de Santa Minia, o que incrementa o seu valor para a creación de vivenda accesible para a cidadanía.

Pablo Lago subliñou que esta operación permitirá atender unha demanda crecente: “Entendemos que é unha oportunidade única para dar resposta ao problema de vivenda que afecta o noso municipio e ao conxunto do país”. Ademais, o Concello espera obter un retorno económico ao licitar as parcelas destinadas a vivenda libre, garantindo así unha xestión eficiente dos recursos investidos.

O financiamento desta operación provén do Remanente Líquido de Tesourería do Concello, aprobado no pasado mes de novembro nun pleno extraordinario. A proposta contou cos votos favorables do grupo de Goberno e as abstencións do PP e BNG.

Esta compra culmina unha semana destacada para Brión, segundo indicou Lago, que resaltou a aprobación de dous proxectos clave: un investimento de 16 millóns de euros para a mellora do sistema de abastecemento de auga e a implantación dun alumeado máis eficiente en todo o municipio.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here