InicioSANTIAGOA USC sitúase décima de España e figura entre as 300 universidades...

A USC sitúase décima de España e figura entre as 300 universidades máis sustentables do mundo, segundo GreenMetric

Desta forma, nesta edición analizaron 1.477 institucións procedentes de 95 países, a USC ascende ata o posto 258

Publicado o

Xornal de Compostela

O UI GreenMetric World University Ranking, a clasificación que recolle as institucións académicas máis destacadas no ámbito da sustentabilidade, volveu a situar á Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre as 300 universidades máis sustentables do mundo e a décima de España.

Desta forma, nesta edición analizaron 1.477 institucións procedentes de 95 países, a USC ascende ata o posto 258.

O ranking baséase en 39 indicadores agrupados en seis criterios: infraestruturas (15% da valoración final), enerxía e cambio climático (21%), residuos (18%), auga (10%), transporte (18%) e educación e investigación (18%).

A USC obtivo a maior parte da puntuación no ámbito do uso da enerxía e da loita contra o cambio climático, seguido da xestión de residuos e da docencia e a investigación que realiza en materia de sustentabilidade.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...