InicioCULTURA(VÍDEO) Ailá presenta o seu cuarto proxecto cun sold out na Capitol

(VÍDEO) Ailá presenta o seu cuarto proxecto cun sold out na Capitol

Tradimensional é o novo traballo do grupo Ailá, o cuarto álbum da banda

Publicado o

Por David Marante Manteiga

O pasado domingo 15 presentouse na Capitol o cuarto albume da banda Ailá, Tradimensional, un proxecto que conta con 10 pezas musicais. O grupo está formado por Manuele Pardo, Manuela Franguela, Xan Pampín e Angelita Carou quen van revisitando a cultura galega a través das súas cancións, inspiradas sempre nas recollidas e na tradición popular.

O cantante Manuele describe Tradimensional como un disco que “recolle un pasado, que vive nun presente e que constrúe un futuro“, para isto decidiron contar con numerosas asociacións culturais, entre elas algunhas como Cantigas e Agarimos, Cántigas e Frores, Ultreia, Ferreñas Bravas, etc. Ademais, contaron con numerosos artistas que axudaron a construír estas pezas como son Icía Kirk, Andrés Pérez, Nikolay Velikov e Daniel do Pando entre outros.

Ao longo da entrevista coméntanos como foi o proceso de creación, o papel que teñen as asociacións na transmisión e incluso falamos do último fenómeno musical popular en redes: Ca7riel e Paco Amoroso co seu Tiny Desk.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here