InicioCULTURACaamaño&Ameixeiras e Rodrigo Cuevas lanzan 'Catro cousas', un pasodobre con mensaxe de...

Caamaño&Ameixeiras e Rodrigo Cuevas lanzan ‘Catro cousas’, un pasodobre con mensaxe de empoderamento

O tema, gravado en directo e acompañado dun videoclip no Parque do Pasatempo, estrearase en directo en Santiago na Sala Capitol

Publicado o

Xornal de Compostela

O dúo galego Caamaño&Ameixeiras presenta, xunto ao artista asturiano Rodrigo Cuevas, o tema ‘Catro cousas’, un pasodobre reinterpretado que combina ironía, empoderamento feminino e música de raíz. A canción destaca pola súa gravación en directo e un coidado videoclip rodado no Parque do Pasatempo de Betanzos, considerado un dos xardíns máis singulares de Europa.

‘Catro cousas’ revisa o linguaxe militar e taurino característico do pasodobre, apropiándose del para crear unha peza que é, á vez, unha canción de amor diferente. “É unha canción de amor cara a dentro, de empoderamento feminino e de autocoidado. De querernos a nós primeiro. De saber dicir ‘catro cousas’ cando fai falta”, explican Caamaño&Ameixeiras.

O tema bebe das fontes da música tradicional, inspirado no legado do cego dos Vilares, Florencio, quen á súa vez o aprendera da cantante La Pastorina a través da radio.

A canción está acompañada dun videoclip gravado no Parque do Pasatempo de Betanzos, dirixido por Jorge Rojas. O dúo describe este espazo como un lugar “mágico e magnético” que contribúe a dotar de significado visual e emocional á canción. Para Sabela Caamaño, a experiencia de rodar neste escenario foi especialmente emotiva: “Foi especial revisitalo dende outra perspectiva, agora cunha mirada diferente”.

Sobre a colaboración con Rodrigo Cuevas, o dúo destaca a conexión e facilidade para traballar con el: “Xa sabiamos que Rodrigo era un artista talentoso, pero descubrimos tamén a súa calidade humana. Foi moi inspirador e fluído desde o primeiro momento”. Cuevas, coa súa forte personalidade artística, conseguiu levar o tema “a outra dimensión”, sinalan.

A gravación realizouse en directo para captar a naturalidade e espontaneidade da interpretación ao vivo, algo que Caamaño&Ameixeiras consideran esencial para o tema.

ESTREA EN DIRECTO NA SALA CAPITOL

O tema será interpretado por primeira vez en directo nos concertos de Rodrigo Cuevas, programados para os días 19 e 20 de decembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela, que xa esgotou as entradas para ambas as datas.

Esta colaboración reafirma a aposta de ambos os proxectos artísticos por renovar a música de raíz con perspectivas actuais e unha conexión emocional coa tradición.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here