InicioCULTURAO kilómetro cero compostelán, onde está?

O kilómetro cero compostelán, onde está?

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago esconde milleiros de segredos entre as suas pedras, e un deles é o kilómetro cero compostelán. Como Madrid, a capital galega tamén ten a súa insignia que recorda o punto de encontro e final ao que chegan todos os camiños. Pero, onde está e cal e a súa historia?

A Praza do Obradoiro, a pés da Catedral, é o lugar onde chegan todos os peregrinos tras kilómetros e kilometros camiñando por algunha das rutas xacobeas para chegar ao lugar santo, a xunto do Apóstolo Santiago. Nese punto, onde todos se paran a observar o templo santo e alzan os brazos en signo de victoria, está a inscripción do kilómetro cero.

Moitos picheleiros pasan a diario por riba del sen chegar a miralo, pero trátase dun xesto que tuvo unha gran importancia para a tradición do camiño. No ano 1987, o Consello de Europa nomeou ó Camiño de Santiago como Itinerario Cultural Europeo. Neste xesto, para revitalizar a ruta que estaba practicamente abandonada e que case ninguén completaba, decidiron colocar unha placa conmemorativa. Dende ese momento, o camino comezou a coller forza de novo e a xente chamou a esa pedra Kilómetro cero.

De todos os xeitos, o revitalizar final do camino non sucedeu ata o ano xacobeo ’93, onde os esforzos das institucións permitiron que a infraestructura que rodea ao camiño poidese acoller a milleiros de persoas ano tras ano.

Hoxe en día, o camiño está de moda e cada vez son máis as personas que o completan, incluíndo a famosos como Ibai Llanos ou el Xocas que o completaron a pasada semana. Chegando todos ata o kilómetro cero galego.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here