InicioCULTURA(AXENDA) Plans para toda a familia no primeiro fin de semana de...

(AXENDA) Plans para toda a familia no primeiro fin de semana de decembro

Unha selección dos mellores eventos para esta fin de semana en Santiago, dende música e arte ata actividades para nenos e festivais deportivos

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández
  • FESTAS E EVENTOS

Mercado de Nadal: Do 29 de novembro ao 5 de xaneiro, a rúa Carreira do Conde acollerá o tradicional Mercado de Nadal, onde se poderán atopar postos de decoración, alimentación gourmet e artesanía. A partir do 20 de decembro, o mercado estenderase tamén a Área Central. O horario de apertura será de 12:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas, agás os días 24 e 31 de decembro, que abrirá só pola mañá, e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, nos que permanecerá pechado. 

Cartaz do Mercado de Nadal – Concello de Santiago de Compostela
  • MÚSICA

Blackstars – Tributo a David Bowie: O sábado 7 de decembro, ás 21:30 horas, a banda coruñesa Blackstars ofrecerá na Sala Capitol un concerto homenaxe ao artista británico David Bowie, interpretando os seus grandes éxitos. As entradas están dispoñibles por 18 euros en venda anticipada e 21 euros en taquilla. 

Cartaz do grupo coruñés Blackstars, en homenaxe a David Bowie – Sala Capitol.
  • EXPOSICIÓNS

75 cabodano da sinatura de ‘Cruces de Pedra na Galiza’: 75 cabodano da sinatura de “As cruces de pedra na Galiza”: O Museo do Pobo Galego acolle unha exposición conmemorativa sobre o 75 aniversario da sinatura da última obra publicada por Castelao, realizada no seu exilio na Arxentina. A mostra bibliográfica inclúe fondos propios do museo e obras cedidas por persoas socias e patróns, destacando o traballo de investigación do polígrafo rianxeiro sobre as cruces de pedra como expresión da relixiosidade popular. A exposición, producida polo Museo do Pobo Galego e aberta ata o 29 de decembro de 2024, conta co apoio de varias institucións galegas. Entrada de balde para todos os públicos.

Cartaz da exposición – Concello de Santiago de Compostela.++ 
  • INFANTIL

Historias de Nadal: O sábado 7 de decembro, ás 12:00 horas, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle un contacontos a cargo de Artear Teatro. A historia mergúllase na maxia do inverno e do Nadal, con aventuras e pequenos imprevistos que farán desta unha experiencia entretida para nenos e nenas de 3 a 8 anos. A entrada é de balde ata completar aforo.

Historias do Nadal – Biblioteca Ánxel Casal.
  • DEPORTE

III Internacional de Tango Campus Stellae: Do 6 ao 8 de decembro, a Hospedería de San Martín Pinario acolle o III Internacional de Tango Campus Stellae. Este evento contará coa participación destacada dos campións mundiais de tango 2023, Constanza Vieyto e Ricardo Astrada, arxentinos con raíces galegas. Durante o festival haberá exhibicións, clases e milongas abertas ao público. Algunhas actividades son de balde, mentres que outras requiren inscrición previa.

III Internacional de Tango Campus Stellae – Amestango.

ÚLTIMAS

(VÍDEO) A veciñanza critica o deseño para peóns e bicicletas da rúa do Pombal

A rúa do Pombal reabriu hai uns meses ao tráfico tras máis de oito...

Alberto Cabada asume o decanato de Matemáticas da USC con ilusión e confianza no futuro

O profesor Alberto Cabada Fernández tomou posesión este venres como novo decano da Facultade...

Cáritas de Santiago atende a máis de 46.000 persoas en 2024, un 8% máis que o ano anterior

Cáritas Diocesana de Santiago destacou que atendeu a 46.512 persoas en 2024, un incremento...

Detidas 16 persoas pola estafa do “falso sicario” a usuarios de páxinas de citas

A Policía Nacional detivo 16 persoas no marco da 'Operación Bachata', entre elas dúas...

Germán Prieto lanza o seu novo disco ‘Destino’: unha viaxe musical entre a emoción e a técnica

O recoñecido guitarrista e compositor Germán Prieto presenta o seu esperado novo álbum 'Destino'...

O Festival Atlántica reivindica a memoria de Castelao e a forza colectiva da palabra

O Festival Internacional Atlántica continúa este martes 1 de xullo en Santiago de Compostela...

The Rapants inauguran o ciclo ‘Atardecer no Gaiás’ con once concertos ata agosto

O ciclo de concertos Atardecer no Gaiás regresa este xoves á praza central da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here