InicioSUCESOSFerida unha condutora que se precipitou por un terraplén en Ames

Ferida unha condutora que se precipitou por un terraplén en Ames

O suceso tivo lugar sobre as 14.30 horas na parroquia de Bugallido

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha condutora resultou ferida este sábado tras precipitarse co seu vehículo por un terraplén na estrada DP-0205, ao seu paso polo municipio coruñés de Ames. Segundo informou o 112 Galicia, foron os servizos sanitarios os que avisaron á central de emerxencias deste accidente sobre as 14.30 horas. Na súa comunicación, informaban de que un vehículo caera por un terraplén no quilómetro tres desta vía, na parroquia de Bugallido.

Ata o lugar desprazouse unha dotación de bombeiros do Consorcio contra incendios e salvamento da Coruña con base en Boiro, ademais de membros do GES de Brión, Garda Civil, Protección Civil e Policía Local, que axudaron a saír do vehículo á condutora. Ao parecer, o turismo saíuse da vía pola marxe esquerda e precipitouse polo terraplén ata parar nunhas árbores. A condutora foi atendida no punto e non necesitou ser trasladada.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Un ciclista resulta ferido leve tras caer por unha fochanca en San Pedro de Mezonzo

Un ciclista resultou ferido leve na noite deste martes tras sufrir unha caída na...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...