InicioPOLÍTICASupostas irregularidades na xestión das obras do Bosque do Banquete de Conxo...

Supostas irregularidades na xestión das obras do Bosque do Banquete de Conxo poñen en alerta á Fiscalía Europea Anticorrupción

A Fiscalía Europea Anticorrupción notificou a Ecoloxistas en Acción, tal e como eles mesmos informaron, a súa decisión de reclamar as dilixencias do Xulgado de Instrución nº2 de Santiago relativas á investigación sobre os posibles delitos de fraude de subvencións e falsidade documental polo 'eixo de mobilidade' promovido pola Xunta de Galicia no Bosque do Banquete de Conxo

Publicado o

Xornal de Compostela

Fiscalía Europea Anticorrupción notificou a Ecoloxistas en Acción, tal e como eles mesmos informaron, a súa decisión de reclamar as dilixencias do Xulgado de Instrución nº2 de Santiago relativas á investigación sobre os posibles delitos de fraude de subvencións e falsidade documental polo ‘eixo de mobilidade’ promovido pola Xunta de Galicia no Bosque do Banquete de Conxo. A organización ecoloxista denunciara a principios de verán ante a Fiscalía europea anticorrupción, ao Goberno galego pola talla de árbores, movementos de terras e a apertura dun viario dentro dunha área de Protección de Patrimonio da Humanidade do Convento de Conxo.

Aseguraban ademais que a actuación da Administración autonómica invadía a área delimitada na que se realiza o proxecto ‘Eco-Bosque Río Sar’, promovido polo Concello de Santiago de Compostela co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD). O proxecto está financiado tamén, lembran, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea e promove a recuperación ambiental do ecosistema fluvial do ‘Bosque do Banquete de Conxo’, rexenerando as marxes do río, eliminando especies invasoras e restaurando espazos que aumenten a biodiversidade da zona.

Por iso, Ecoloxistas en Acción entendía que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta “incumpría os principios de boa xestión financeira que deben rexer o destino dos fondos europeos, ao sepultar coa súa actuación un proxecto posto en marcha con anterioridade”. “O acto administrativo de ordenar o inicio das obras a propósito de que se aparta do esixido por Patrimonio podería ser constitutivo dun delito de prevaricación administrativa. Ademais de comportar a perpetración dun delito contra o patrimonio histórico, artístico, cultural e monumental, especificamente contra o patrimonio da humanidade”, denunciou o portavoz de Ecoloxistas en Acción, Cristóbal López.

Ecoloxistas en Acción confirmou que se personará nas dilixencias abertas pola fiscalía para instar a que se decrete a paralización cautelar das obras, “para evitar así danos irreparables ao ecosistema do río Sar”. Pola súa banda, a asociación veciñal Conxo Aberto, tras reunirse co director xeral da Axencia Xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia, lamentou que o Goberno galego se negue a buscar unha variante do trazado que “realmente evite” a afección ao bosque do río Sar e á contorna do Mosteiro de Conxo.

Ambas as organizacións coinciden en asegurar que a última proposta de trazado da Xunta é “unha burla á cidadanía, xa que non evita os impactos ambientais máis graves”. “As obras do proxecto ‘Eixo de Mobilidade Sostible’ no tramo de Milladoiro a Compostela ao seu paso por Conxo seguen sendo unha urbanización dura dun espazo de alto valor natural, xa que teñen previsto hormigonar, levantar vertedoiros, asfaltar e iluminar nas marxes do río Sar”, explicou o portavoz de Conxo Aberto, Luciano Villar.

VARIACIÓNS NO EIXO DE MOBILIDADE PARA AFASTARSE DE CONXO

Hai xusto unha semana, o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentaba a modificación do Eixo de Mobilidade entre Milladoiro e San Caetano, que se afasta agora da zona do Banquete de Conxo tras as queixas veciñais. Alí, insistiu en que se executan variacións en aras do “consenso” e non porque o proxecto non fose “completamente viable” e “respectuoso” coa contorna e coa iniciativa de restauración exposta para a zona de Conxo polo Concello de Santiago.

Agora aproveita as plataformas existentes do aparcadoiro do Hospital de Conxo (asegurou que isto non afectará ao número de prazas, que se reordenan e mesmo se consegue unha maior eficiencia) para afastarse da zona do Banquete e eliminar tamén desta forma as cruces polo río Sar. Sáese así completamente do Plan Especial de Conxo e dá continuidade ao espazo ciclista pola zona e aos peóns polas sendas xa existentes. Nesa mesma rolda de prensa, e respecto das dilixencias abertas por un Xulgado de Santiago e a Fiscalía Europea sobre a denuncia de Ecoloxistas en Acción, Menéndez mostraba a súa tranquilidade.

“De forma técnica e apaixonada, consideramos que é unha boa solución da que sentirse orgullosos (…) Temos solicitudes de información. O proxecto está correctamente tramitado. Que haxa unha parte da poboación á que non lle guste é unha cousa, e que haxa un problema xudicial, outro”, asegurou. Así mesmo, puntualizou que é “evidente” que durante a execución das obras hai a “necesidade” de abrir unha plataforma para despois executala, “pero o resultado final non ten nada que ver co momento de execución das obras”.

ÚLTIMAS

(AXENDA) Fin de semana completa en Santiago con música, escena e tradición

FESTAS E EVENTOS Festa da Uña de San Lázaro: Do sábado 5 ao luns...

A veciñanza de Santa Marta pide máis seguridade con 5.600 firmas ao Goberno

Os veciños do barrio compostelán de Santa Marta fixeron entrega este venres dun total de...

Aprobados os orzamentos de Santiago tras non admitir o pleno as alegacións da asociación Volta do Castro

Os orzamentos do Concello do Santiago de Compostela foron aprobados este venres de forma...

Boqueixón licita melloras en accesos a catro aldeas e dous camiños do municipio

O Concello de Boqueixón vén de licitar o proxecto de mellora de varios camiños...

A veciñanza de Santa Marta pide máis seguridade con 5.600 firmas ao Goberno

Os veciños do barrio compostelán de Santa Marta fixeron entrega este venres dun total de...

Aprobados os orzamentos de Santiago tras non admitir o pleno as alegacións da asociación Volta do Castro

Os orzamentos do Concello do Santiago de Compostela foron aprobados este venres de forma...

O PPdeG vincula a protesta de SOS Sanidade coas estratexias políticas da UPG

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, criticou duramente a manifestación convocada para este...