InicioCULTURAA Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición 'Mis Paisajes' de África...

A Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Mis Paisajes’ de África Coll

A mostra, que explora a relación entre paisaxe, tempo e memoria, poderá visitarse ata o 27 de decembro no Centro Empresarial do Tambre

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugura hoxe, luns 25 de novembro, ás 20:00, a exposición de pintura ‘Mis Paisajes’, da artista África Coll, no Centro Empresarial do Tambre. A mostra estará aberta ao público ata o 27 de decembro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, recomendándose realizar unha chamada previa ao teléfono 981 55 28 50 para organizar a visita.

A exposición inclúe unhas 20 obras de diferentes dimensións, realizadas maioritariamente en técnica mixta sobre tea. O traballo de África Coll presenta a paisaxe como un elemento vivo, no que se atopan o pasado e o presente, utilizando materiais naturais como terra ou fragmentos de plantas, recollidos en lugares específicos. Segundo explica a artista, ‘veo el paisaje no solo como un lugar físico, sino como un archivo vivo, una colección de capas donde el tiempo y la memoria coexisten’.

O proceso creativo de Coll baséase na integración destes materiais no soporte pictórico, coa intención de capturar a memoria intrínseca dos espazos naturais e o paso do tempo. A través de técnicas como a cianotipia e o uso de colodión húmido, as súas obras representan unha ‘xeografía do tempo’, unha exploración visual das estruturas sutís que conectan o presente co pasado.

A ARTISTA E A SÚA OBRA

Nacida en Blanes (Girona) en 1966, África Coll reside en Suecia desde 2001, onde mantén o seu estudo nas aforas de Lidköping. A súa carreira artística está marcada pola combinación de técnicas e medios como a pintura, a fotografía, o vídeo e as instalacións, nunha constante busca de experimentación e novos significados. Na súa obra, reflexiona sobre a relación entre o ser humano, a natureza e o tempo, explorando capas de realidade a través de múltiples formatos e materiais.

Coll ten exposto en diversas localizacións de Suecia e noutros países, e recentemente ampliou o seu traballo cara a encargos de arte pública e instalacións ao aire libre.

‘Mis Paisajes’ representa unha oportunidade para o público compostelán de achegarse a unha proposta artística que conecta a natureza e o tempo coa memoria colectiva e persoal. A exposición, organizada pola Área Empresarial do Tambre, enmárcase no compromiso da asociación por promover actividades culturais no tecido empresarial da comarca.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here