InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNMáis de 250 escolares participan nunha andaina polo 25N en Boqueixón

Máis de 250 escolares participan nunha andaina polo 25N en Boqueixón

Publicado o

Xornal de Compostela

Este luns, 25 de novembro, o Concello de Boqueixón, en colaboración co CPI Antonio Orza Couto e o Centro de Información á Muller (CIM), organizará unha andaina polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na que participarán máis de 250 nenos e nenas de todas as idades. A actividade, que se desenvolverá a partir das 12:00 horas, terá lugar no núcleo de O Forte, dentro do termo municipal.

Neste acto estarán presentes o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ángela Conde Leis, e representantes do CIM, así como profesorado do centro educativo.

A andaina, organizada co obxectivo de sensibilizar sobre a igualdade de xénero e a importancia de combater a violencia machista, inclúe unha pequena ruta que percorreu parte do núcleo urbano. A iniciativa conta coa participación activa do alumnado do CPI Antonio Orza Couto, quen protagoniza esta actividade e busca promover valores de respecto e convivencia desde idades temperás.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Pico Sacro acolle a Cerimonia do Lume Sagrado para dar a benvida ao solsticio de verán

O Pico Sacro volveu converterse este mediodía nun espazo de encontro arredor da tradición...

A Xunta autoriza ambientalmente a transformación de 4,8 hectáreas forestais en viñedo no municipio de Boqueixón

A Xunta de Galicia concedeu a avaliación ambiental favorable a un proxecto de cambio...

Rueda anuncia investimentos en estradas e servizos sociais tras reunirse co alcalde de Boqueixón

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo esta semana unha reunión co...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here