InicioSANTIAGOO PSOE santiagués abstense nunha votación para un modificativo de crédito e...

O PSOE santiagués abstense nunha votación para un modificativo de crédito e avisa ao goberno local: “A soberbia xoga malas pasadas”

Os socialistas cren que o goberno local o que "pretende", co modificativo de crédito, "é pasar a pelota" á oposición de "a súa mala xestión nos fondos europeos"

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal do PSOE no Concello de Santiago abstívose na votación para aprobar un modificativo de crédito ao crer que o goberno local xestionouno sen “o máis mínimo diálogo” coa oposición e “sen a máis mínima transparencia”.

Así o fixeron este venres no pleno extraordinario no que se foi aprobada a conta xeral de 2023 e o suplemento de crédito para facer fronte á subida do canon de Sogama.

Desta forma, a votación para aprobar un suplemento de crédito para realizar catro actuacións financiadas cos fondos NextGeneration xerou o enfado na bancada socialista.

O BNG buscaba continuar con catro obras financiadas con estes fondos europeos, pero o PSOE criticou as formas nas que se tramitou o expediente ao considerar que se xestionou sen o “máis mínimo diálogo coa oposición e sen a máis mínima transparencia”.

Os socialistas cren que o goberno local o que “pretende”, co modificativo de crédito, “é pasar a pelota” á oposición de “a súa mala xestión nos fondos europeos”.

“Eu creo que este goberno, sinceramente e honestamente, pensa a túa tira para adiante que o Grupo Municipal Socialista, vai dicirnos que si, porque non nos pode dicir que non”, sentenciou a edil Marta Abal.

Pola súa banda, o PP local remarcou que “non é novo” que o goberno “non dialogue coa oposición”, pero cualificou de “novo” que “non fale” cos socialistas.

Neste sentido, os populares criticaron que o goberno local saca ese suplemento de crédito “con baixas” en diferentes obras na cidade compostelá.

“A SOBERBIA XOGA MALAS PASADAS”

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños, interveu no asunto e remarcou que a abstención dos socialistas “é responsabilidade” do executivo local, por “non querer” chegar a un acordo. “Ás veces, alcaldesa, a soberbia está a xogarlle malas pasadas”, sentenciou.

“Efectivamente, nós somos corresponsables do que aquí pasa, pero non se equivoque outra parte da responsabilidade tena o goberno local”, asegurou.

Neste sentido, mostrou a disposición dos socialistas para “chegar a todo tipo de acordos”, pero, esta vez, o goberno local “non tivo esa vontade”.

Pola súa banda, a alcaldesa pediu “responsabilidade” á oposición na votación para, así, poder sacalo adiante. Finalmente, non saíu aprobado e contou cos votos a favor os grupos do goberno municipal, en contra o PP e o PSOE abstívose.

CONTA XERAL 2023 E CANON SOGAMA

Noutra orde de asuntos, o pleno deu luz verde á aprobación da conta xeral de 2023 e a un suplemento de crédito para facer fronte á subida do canon de Sogama.

Os socialistas, na quenda de réplica para o suplemento de crédito de Sogama, incidiron en que a subida do canon de Sogama “non é” un imposto que “crease Pedro Sánchez”, senón que “vén por unha normativa europea”.

Todo iso, despois de que o PP local culpase desa subida ao Goberno central e pedise, ao BNG, PSOE e CA, “agradecer” á Xunta o aforro de Santiago pola bonificación que impulsa o Executivo galego.

Pola súa banda, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, tomou a palabra e apuntou que “hai un fracaso” de moitas Administracións, pero a Xunta “non pode” porse de perfil e dicir que “ese fracaso vén doutras Administracións”. “O que hai que preguntarse é por que non se cambiou esa política de residuos desde hai tempo”, remarcou.

ÚLTIMAS

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...