InicioSOCIEDADERaxoi levantará parcialmente a suspensión de licenzas para permitir novos usos residenciais...

Raxoi levantará parcialmente a suspensión de licenzas para permitir novos usos residenciais en baixos comerciais

"Consideramos que é necesario preservar o uso comercial das plantas baixas nos espazos da cidade histórica onde ese uso é predominante, pero non vemos inconveniente en autorizar a implantación de novos usos residenciais en planta baixa en locais onde antes de desenvolvían outros usos en zonas onde xa predomina o uso residencial en baixos", subliñou o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, anunciou o levantamento parcial da suspensión de licenzas na cidade histórica para permitir novos usos residenciais en plantas baixas. Trátase dun levantamento que só afectará a un ámbito determinado e ao cambio de uso terciario a uso residencial. Así o explicou nunha rolda de prensa celebrada este xoves en Santiago, onde lembrou que o pasado 17 de xuño, o goberno local acordou unha suspensión previa que afectaba a “a implantación de novos usos residenciais na planta baixa en locais onde se estaban desenvolvendo outros usos”.

Deste xeito, a suspensión pretendía protexer ao tecido comercial da cidade en espazos da cidade histórica onde este uso é “predominante”. Con todo, asegurou que despois de varios meses nos que realizaron traballos de análises e diagnóstico, xa están nunha fase que “permite levantar parcialmente” a suspensión. “Consideramos que é necesario preservar o uso comercial das plantas baixas nos espazos da cidade histórica onde ese uso é predominante, pero non vemos inconveniente en autorizar a implantación de novos usos residenciais en planta baixa en locais onde antes de desenvolvían outros usos en zonas onde xa predomina o uso residencial en baixos”, subliñou.

Deste xeito, anunciou que os espazos da cidade onde prevalecerá o uso terciario en baixos se clafisicarán en seis eixos: Galeras-San Clemente, Avenida da Coruña-Avenida de Figueroa, Carreira do Conde-Porta do Camiño, Cruz de San Pedro-Acibecharía, Porta Faxeira-San Francisco e Basquiños-Cervantes. Ademais doutro ámbito onde se concentra a actividade terciaria da cidade histórica e que coincide “co cuadrante sueste do antigo recinto intramuros”. Nesta liña, Lestegás incidiu en que o goberno local aposta por “un comercio de proximidade que garante o abastecemento dos veciños sen necesidade de grandes desprazamentos”.

REXISTRO DE SOLARES

Por outra banda, o concelleiro de Vivenda aproveitou para lembrar que se ordenou a inclusión no Rexistro de solares de catro inmobles con declaración de ruína situados na Rúa de San Roque 23, en Praciña das Penas 5, Rúa dos Loureiros 14 e na Rúa do Espírito Santo 33. Con todo, sinalou que tres dos catro inmobles (San Roque 23, Praciña das Penas 5 e Loureiros 14) pertencen á mesma comunidade de herdeiros e anunciou que proximamente sairán a poxa pública todos os inmobles mencionados.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...