InicioCULTURAA non tan nova "loita" da música en streaming

A non tan nova “loita” da música en streaming

O crecemento xeral do consumo musical tamén se ve reflectido nas vendas dos formatos antigos, que cada vez son máis populares

Publicado o

Por Antonia Belén Sanhueza Oliva

Na época que vivimos, os servizos de streaming están á orde do día. É difícil atopar a alguén que non contrate este tipo de servizos, sexan contidos de series e películas, ou musicais. Actualmente, moitos consumidores consideran moito máis cómoda esta opción para o lecer por riba das versións físicas deles. Tes o medio na túa biblioteca e podes acceder a el en calquera momento. Por que comprar un disco físico podendo telo no móbil xunto a outros, por exemplo, 15 álbums máis, tendo a posibilidade de cambialos en calquera momento? En teoría é un bo argumento. Pero a gran pega que ten o streaming é o efémero que resulta o seu contido. Dependendo da rexión na que vivas, dun momento a outro podes perder o acceso ao teu álbum favorito polo copyright, aínda que o comprases en servizos como Apple Music ou Amazon Music. Ás veces, a rexión non é relevante e o artista retírao por outras complicacións. Directamente en páxinas como Spotify ou Tidal non notarías a perda económica, pero ao fin e ao cabo,  pagase a empresa mensualmente para poder acceder a todo o contido. E ben, entre outras razóns, estes formatos son pouco beneficiosos para os propios artistas, que apenas gañan diñeiro por cada visita. No caso de Spotify, as ganancias dependen do país do consumidor. Se como artista tes máis fans nun país no que o servizo ten un custo menor, recibirás menos diñeiro por escoita. A media parece rondar os 0.003 dólares estadounidenses por cada escoita que se realiza. Se se ten en conta que o diñeiro tamén ten que ir ás discográficas, deducimos facilmente que os propios artistas non se benefician para nada máis que gañar popularidade. Ainda así, actualmente son o 77% de ingresos do sector.
Non se me ocorre mellor forma de apoiar aos teus músicos favoritos que adquirindo o formato físico das cancións que escoitas.

As cifras xa demostran o xurdir de popularidade do formato físico nos últimos anos. Comparando as vendas dos anos 2022 e 2023, aumentaron un 19.4% as vendas en formato vinilo, fronte ao triste -1.3% dos compact disc. As estadísticas mencionadas son parte do informe de Radiografía do Mercado da Música Gravada 2023 de Promusicae e a Universidade Carlos III de Madrid.

Actualmente os vinilos pódense sentir máis como un obxecto de colección. Estes requiren moito máis coidado ca un CD: se non están nunha posición correcta poden danarse, se non os limpas con regularidade poden danarse, se os gardas nun lugar húmido poden danarse (si, existe a posibilidade de que acaben con fungos). Os CDs non son tan delicados, polo que non precisan maior coidado ademais de gardalos na súa caixiña e limpalos se os manipulas con mans sucias.

Quitando como dependendo de como se masterizou a versión que teñas do teu CD e vinilo poida soar mellor ou peor un ou outro, realmente sería unha cuestión de preferencias persoais… e monetarias: Os vinilos adoitan venderse máis caros ca os cds polo simple feito da súa fabricación barata e rápida. Tamén, os reprodutores de vinilos que valen a pena non baixan de 130 euros, mentres que os de CDs pódelos atopar por moito menos.

Onde podemos atopar ambos formatos en Santiago?
Se che gustaría ampliar a túa biblioteca musical ou comezala, podes acudir a estas dúas tendas locais:

Disco Precio, que se atopa na rúa Santiago de Chile, 13. Contan cunha ampla gama de CDs e vinilos, modernos e máis antigos. Podes atopar artistas que levas escoitando toda a túa vida ou volver a casa coa túa nova obsesión musical. Ademais, podes adquirir na súa tenda tanto merchandising como libros relacionados co mundo da música.

El Muelle 1931 Shop, encóntrase na rúa de San Pedro, 57. Ten orgullosamente unha colección que se centra no underground, na música local e incluso en selos independentes. Só podedes atopar vinilos e casetes aquí.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza dúas pancartas contra a mina de Touro e a guerra en Gaza na Alameda

Por iniciativa da Plataforma veciñal de Mina Touro-O Pino NON e coa autorización Concello...

O Concello prevé reabrir a vindeira semana a rúa do Pombal tras completar as obras

A rúa do Pombal, pechada ao tráfico dende xuño de 2024 por mor das...

(AXENDA): opcións para facer en Santiago ata o 14 de abril

Do deporte urbano á escena galega máis actual, pasando polas festas de barrio e...

O Goberno central confirma o remate inminente da Estación Intermodal de Santiago, que levará o nome de Castelao

A Estación Intermodal de Santiago de Compostela atópase na recta final da súa construción...

(AXENDA): opcións para facer en Santiago ata o 14 de abril

Do deporte urbano á escena galega máis actual, pasando polas festas de barrio e...

Afundación inaugura en Santiago a mostra ‘Diversa’ con propostas internacionais de ilustración contemporánea

A Sede Afundación de Santiago de Compostela acolle desde hoxe a quinta edición da...

A burra, a mesa e o pau: o retrato da familia obreira galega

O pasado 6 de Marzo estreouse no Salón Teatro un espectáculo da man do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here