InicioSANTIAGODeclaran o secretario do Concello de Santiago e o exinterventor como testemuñas...

Declaran o secretario do Concello de Santiago e o exinterventor como testemuñas no ‘caso Desproi’

A preguntas dos medios de comunicación, a concelleira e segunda tenente de alcaldesa de Santiago, Míriam Louzao, reiterou que, no seu momento, ao transcender a proposta de citación de funcionarios, o goberno local deu a indicación de personarse, o cal é "lóxico e entendible"

Publicado o

Xornal de Compostela

O coñecido como ‘caso Desproi’ segue activo e, despois de que a maxistrada compostelá Ana López-Suevos, titular do Xulgado de Instrución número 1 da capital galega, decidise abrir dilixencias por mor dunha denuncia presentada polo PP en abril de 2023, este mércores prestaron declaración como testemuñas o secretario do Concello, José Manuel G.G., e o exinterventor Juan Ramón G. C.

A declaración de ambas as testemuñas produciuse na mañá deste mércores, segundo varias fontes consultadas po Europa Press. Previamente, en agosto, transcendera que o fiscal Antonio Roma pedía este paso a través dun escrito.

O ‘caso Desproi’ pon no foco a xestión local baixo o mandato do agora senador Xosé Sánchez Bugallo e custou a dimisión, a principios do pasado ano, do entón edil José Manuel Pichel, despois de transcender que alugou unha nave industrial para o seu departamento a unha empresa á que estivera vinculado.

En concreto, os feitos denunciados consisten na adxudicación dun contrato de arrendamento que se tramitou por razóns de urxencia a favor de Desproi Promocións S.L. por parte da xunta de goberno local en setembro de 2021, cando gobernaba Bugallo. O obxectivo da causa é determinar se a adxudicación fíxose de forma interesada e sen axustarse ás normas que rexen a contratación pública.

O QUE OS FUNCIONARIOS PLASMARON POR ESCRITO

O escrito fiscal incidía en que o informe emitido polo que era interventor en setembro de 2021 e incorporado á causa reflíctese a ausencia de informe preceptivo que xustificase a urxencia e a existencia do procedemento de concorrencia pública fronte ao empregado de adxudicación directa.

O mesmo funcionario emitiu en decembro de 2022 outro informe tamén incorporado á documentación xudicial que nutre a causa no que se incide na ausencia da función interventora e apunta a un conxunto de incumprimentos normativos. Outro informe posterior asinado pola entón concelleira delegada de Economía e Facenda, Marta Abal, validaría a omisión da función interventora.

Así mesmo, o fiscal quería aclarar outra documentación ratificada polo secretario e cuestións como a que apuntaba a que a adxudicataria tiña débedas tributarias co Concello cun importe que lle impediría intervir en contratos públicos.

GOBERNO LOCAL: UNHA “CUESTIÓN XUDICIALIZADA”

A preguntas dos medios de comunicación, a concelleira e segunda tenente de alcaldesa de Santiago, Míriam Louzao, reiterou que, no seu momento, ao transcender a proposta de citación de funcionarios, o goberno local deu a indicación de personarse, o cal é “lóxico e entendible”.

A partir de aí, rexeitou emitir valoracións acerca das consecuencias que podería ter a investigación para o PSOE local. “É unha cuestión xudicializada, imos ser respectuosos. Cando se chegue ao final do caso, xa valoraremos o que haxa que valorar”, resolveu.

PP: “FACEMOS O CORRECTO”

Pola súa banda, o líder do PP de Santiago, Borja Verea, defendeu que os populares sempre van facer ” o correcto”, que é “defender aos santiagueses”. “A mellor proba de que fixemos o que había que facer (ao presentar a denuncia) é que o actual goberno do BNG está personado como acusación”, aseverou.

Ao tempo, lamentou que o goberno local “faga agora” o que os nacionalistas “non quixeron facer desde oposición”, o que lexitima, agregou, que os poulares dan pasos “pensando no interese púbico, non en tacticismos partidistas”.

Neste sentido, incidiu en que agora o BNG “denuncia aos mesmos que fixeron e agora manteñen” a Goretti Sanmartín como alcaldesa, en referencia aos socialistas.

Finalmente, tras declararse “moi respectuoso coa presunción de inocencia”, Verea destacou que, ante “fortes indicios, tiña que investigarse, que é o que se está facendo”. “A min persoalmente gustaríame que non houbese ningunha responsabilidade penal”, asegurou.

ÚLTIMAS

Aisge merca a Sala Yago e prepara a súa reactivación como espazo cultural en Santiago

A Sala Yago, situada na rúa do Vilar de Santiago de Compostela, inicia unha...

Antonio López defende o concerto do Sergas coa USC e di que poderá adaptarse se hai máis graos de Medicina

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, defendeu este mércores...

Vítimas de Angrois esixen un novo informe sobre o accidente do que só se culpa ao maquinista doce anos despois

Vítimas do descarrilamento do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago) en xullo de 2013...

Yunio Barrueta reforza o Monbus Obradoiro tras abandonar o Leyma Coruña

O Monbus Obradoiro incorpora ao seu cadro para a tempada 2025/26 ao xogador Yunio...

Antonio López defende o concerto do Sergas coa USC e di que poderá adaptarse se hai máis graos de Medicina

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, defendeu este mércores...

Unanimidade na corporación de Santiago sobre as distincións da Alba de Compostela 2025

A corporación municipal do Concello de Santiago ratificou de forma unánime a proposta da...

O PSdeG solicita no Pleno un plan para arranxar as beirarrúas deterioradas de Fontiñas

O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno do Concello de Santiago unha proposta para...