InicioCULTURATrinta anos do movemento Bravú: Xurxo Souto trae o seu documental 'BRAVÚ...

Trinta anos do movemento Bravú: Xurxo Souto trae o seu documental ‘BRAVÚ XXX’ ao Centro Xove da Almáciga

Xurxo Souto explora as pegadas e a evolución do movemento bravú no documental 'BRAVÚ XXX', que percorre a fusión de galego e rock dos anos 90 nunha proxección especial en Santiago con coloquio e reencontro con figuras clave do movemento

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

O Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga será hoxe o escenario dunha homenaxe ao movemento Bravú coa proxección do documental ‘BRAVÚ XXX’, dirixido por Xurxo Souto e producido por Nós Televisión. O acto, que comezará ás 19:00 horas, contará cun coloquio posterior no que participarán o propio Xurxo Souto e Manolo Maseda, músicos destacados da historia do Bravú, e representantes de Nós Televisión. A entrada ao evento é gratuíta ata completar o aforo.

‘BRAVÚ XXX’ percorre a historia do Bravú desde a súa orixe nos anos noventa, cando unha xeración de músicos decidiu levar o rock en galego ás aldeas e espazos máis recónditos de Galicia. Co paso do tempo, o Bravú consolidouse como un movemento cultural espontáneo e colectivo, co obxectivo de conectar a música e a lingua galega cunha expresión auténtica e enraizada no propio territorio.

No documental, Xurxo Souto reconstitúe a historia deste fenómeno a través das voces de músicos de diferentes épocas, como Paola Beiro (Garotas da Ribeira), Nuno Pico (Grande Amore), e a cantautora Sés. Estes artistas achegan as súas experiencias e impresións sobre o impacto do Bravú nas súas propias traxectorias e na cultura galega contemporánea. A peza audiovisual culmina cun emotivo reencontro dos fundadores do Bravú na Taberna Caballero de Chantada, o lugar onde en 1994 o movemento tomou forma.

‘BRAVÚ XXX’ destaca tamén pola súa aposta por visibilizar e celebrar a vitalidade do Bravú hoxe en día. Durante o coloquio, o público terá a oportunidade de coñecer en profundidade como foi o proceso de creación deste documental, que foi producido co apoio de diversas institucións galegas e será emitido o próximo 11 de decembro en Nós Televisión, R e Movistar Plus+.

 

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here