InicioSOCIEDADEO Goberno afirma que busca "solucións" para os sete migrantes do Monte...

O Goberno afirma que busca “solucións” para os sete migrantes do Monte do Gozo aos que se denegou o asilo

O seu máximo responsable en Galicia aegura que seguen aloxados e que se traballa en colaboración con Xunta e Concello

Publicado o

Xornal de Compostela

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, manifestou que o Executivo central busca “solucións” para as sete persoas migrantes que recibiron unha resposta negativa inicial á súa solicitude de protección internacional. Tamén ratificou que continúan aloxadas no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, no marco do programa de acollida estatal. “A día de hoxe seguen alí”, contestou a preguntas dos xornalistas sobre este asunto, nun acto na Coruña. “Todas estas persoas viñan cunha solicitude de asilo e están a chegar as primeiras resolucións, algunhas concedendo o asilo e facilitando o resto de trámites e algunha que non se recoñece o asilo porque non cumpren algúns dos requisitos”, explicou Blanco.

A este respecto, sinalou que están “a falar co Concello e coa Xunta para tentar darlle unha solución a esas persoas que non cumpren os requisitos para obter esa condición de asilo”. “A recado que se lles darán”, apuntou. Ademais, o delegado do Goberno engadiu que están “a ser absolutamente produntes e solidarios” con estas persoas que proveñen de Mali e outros países, en base a unha “solidariedade que sempre manifestamos e mantivemos no tempo”. Estes individuos chegaron a Compostela o pasado verán, dentro do programa de acollida de migrantes africanos procedentes de países en guerra como Mali ou en situación de pobreza extrema como Mauritania ou Senegal e é a ONG Rescate a que se encarga da súa asistencia. A situación destas sete persoas foi denunciada polo Foro Galego da Inmigración.

O CONCELLO CONFÍA EN QUE SE ATOPE “ALGUNHA ALTERNATIVA”

Pola súa banda, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, expresou este luns a súa “preocupación seria” pola situación dos sete refuxiados de Monte do Gozo aos que se lles denegou o asilo e confiou en que, como lle trasladou a Delegación do Goberno, se lles atope “algunha alternativa”. En declaracións aos medios antes dun acto en Santiago, a rexedora dixo que desde Servizos Sociais están pendentes do que pase con estas persoas, en contacto coas entidades que se encargan deles, e trasladou que se trata dunha “preocupación seria”.

Este mesmo luns, Goretti Sanmartín púxose en contacto co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, que lle transmitiu que os sete afectados “continúan alí” polo momento, no Monte do Gozo, e que se lles está “buscando algunha alternativa”, aínda que “non é fácil”. “Volvemos demandar, está claro, que se solucione este problema, pero eu acóllome ao que me trasladan desde a Delegación do Goberno”, ratificou a alcaldesa, que continúa pendente deste caso.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...