InicioSANTIAGOAMESAmes e a Deputación acordan mellorar a estrada entre A Condomiña e...

Ames e a Deputación acordan mellorar a estrada entre A Condomiña e Bugallido

O proxecto busca reforzar a seguridade viaria e facilitar actuacións municipais na estrada DP-0205

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames e a Deputación da Coruña acordaron recentemente a cesión da estrada DP-0205, que conecta A Condomiña con Bugallido, co obxectivo de transferila a titularidade municipal e facilitar futuras intervencións de mellora. O proxecto, que se presentou esta semana, contará cun investimento de 1.299.355,31 euros, asumido pola Deputación.

Este cambio de titularidade permitirá, segundo explicou o alcalde de Ames, Blas García, que o municipio poida executar actuacións de seguridade viaria de forma máis áxil. ‘A transferencia simplifica os trámites, ao non requirir a autorización previa da Deputación para cada actuación’, indicou o rexedor. Esta petición realizouse durante unha visita do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, ás obras na avenida da Maía e ao campo de fútbol de Ortoño.

MELLORAS EN TRES TRAMOS DA DP-0205

O proxecto abarca tres tramos principais da estrada, desde A Condomiña ata Bugallido, e inclúe actuacións en beirarrúas, sendas, pavimentación e sinalización:

  1. De A Condomiña a Ortoño: realizarase unha reordenación do tráfico e construiranse sendas en ambas marxes. A estrada será de sentido único e será pavimentada con aglomerado en quente. Tamén se instalarán canalizacións para pluviais e alumeado, ademais de sinalización horizontal e vertical.
  2. De Ortoño a Bugallido: mellorarase e ampliaranse as beirarrúas con formigón e zahorra, incluíndo canalizacións de alumeado. No tramo final de 230 metros, ampliarase o viario ata seis metros de ancho.
  3. De Ortoño a Bugallido (firme): pavimentarase o firme cunha capa de aglomerado en quente e procederase á mellora da sinalización horizontal en toda a súa extensión.

Estas actuacións, que pretenden garantir unha mellor seguridade viaria para veciños e usuarios da DP-0205, axudarán a Ames a contar cunha infraestrutura adaptada e a dispoñer de maior capacidade para xestionar as súas propias infraestruturas de forma áxil e eficiente.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here