InicioCULTURAO Son do Camiño sacará á venda este martes os seus primeiros...

O Son do Camiño sacará á venda este martes os seus primeiros abonos para a edición de 2025

Estes chamados Abonos Fieis estarán dispoñibles en distintos tramos de prezo e empezarán en 87 euros (gastos de xestión incluídos). Só se poderá facer a compra a través da web oficial (www.osondocamino.es), xa que non hai ningún outro punto de venda

Publicado o

Xornal de Compostela

O festival compostelán Son do Camiño sacará á venda este martes, 19 de novembro (a partir das 13.00 horas), os seus primeiros abonos para a edición de 2025, aínda sen que se coñezan que grupos actuarán no evento do Monte do Gozo. Estes chamados Abonos Fieis estarán dispoñibles en distintos tramos de prezo e empezarán en 87 euros (gastos de xestión incluídos). Só se poderá facer a compra a través da web oficial (www.osondocamino.es), xa que non hai ningún outro punto de venda.

Segundo indica a organización, poderanse comprar ata un máximo de seis abonos por compra (non son nominativos). Xa máis adiante activarase a venda das entradas por días (xoves, venres e sábado) da nova edición. Entre outras recomendacións para a compra, o festival explica que non se debe refrescar a páxina unha vez se situou na cola virtual nin saír da mesma para volver entrar, posto que se estará abandonando o proceso e perderase a quenda.

O Son do Camiño informa de que, con base ás últimas actualizacións lexislativas e a lei de espectáculos de Galicia, xa non será necesario acudir con follas de autorización de menores para ser recollidas no control de accesos do evento. Tampouco será necesario e imprescindible que os menores de 16 anos acudan acompañados de adulto responsable. Existirá unha entrada específica de Abono para os tres días de festival a prezo reducido para os menores de nove anos. Green Day, Pet Shop Boys, Mike Towers, J Balvin, Thirty Seconds to Mars e Melendi son algúns dos artistas que pasaron na última edición de 2024 polo Son do Camiño.

ÚLTIMAS

O Concello aproba o inicio do expediente de contratación dos Fogos do Apóstolo 2025 e 2026 e avanza na posta en marcha da plataforma...

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o inicio do expediente...

O Compostela suma ante a Gimnástica o seu terceiro triunfo consecutivo

O Compos continúa a súa loita pola permanencia cun novo paso adiante. O equipo...

Galzheimer Care presenta unha guía para afrontar problemas de conduta no fogar

A entidade Galzheimer Care presentará este martes en Santiago de Compostela a guía 'Resolvendo...

Feijóo lamenta o falecemento do Papa Francisco e lembra a súa intención de visitar Santiago

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, manifestou este luns o seu pesar...

Galzheimer Care presenta unha guía para afrontar problemas de conduta no fogar

A entidade Galzheimer Care presentará este martes en Santiago de Compostela a guía 'Resolvendo...

O programa ‘Revelando Compostela’ propón roteiros para descubrir o rural e recuperar a memoria da cidade

A Concellaría de Centros Socioculturais de Santiago lanza unha nova edición do programa ‘Revelando...

O PP reclama o arranxo urxente da estrada de Trasformarís polo seu deterioro

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, solicitou esta semana ao goberno...