InicioECONOMÍASantiago aproba a obra dunha nova residencia universitaria de case 2.500 m2

Santiago aproba a obra dunha nova residencia universitaria de case 2.500 m2

O Concello pide ao Consorcio de Santiago a mutación demanial do Complexo Deportivo Multiusos Fontes do Sar

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago aprobou a licenza de obra para a rehabilitación dun edificio situado entre a Rúa das Trompas, 2, E a Rúa da Ensinanza, 3, para unha residencia universitaria. Este foi un dos asuntos abordados na Xunta de Goberno local e sobre os que deu conta a segunda tenente de alcaldesa e portavoz do Goberno municipal, Miriam Louzao, en rolda de prensa.

A residencia contará con 75 habitacións (15 dobres e 60 individuais) distribuídas en todas as plantas do edificio, acceso e recepción, salgar de estar, comedor, salas polivalentes, cociña e demais dotacións necesarias para o seu funcionamento.

A superficie construída total é de 2.488,46 m2, distribuídas en planta semisoto de 483,33 m2 , planta baixa de 813,73 m2 e planta 1º e 2ª de 595,70 m2 cada unha. O orzamento de execución material é de 851.125,51 euros.

Matizan ademais que a planta inferior do inmoble, correspondente ao segundo semisoto e onde se sitúa o salón de actos do Colexio Compañía de María, continuará vinculada ao establecemento docente.

Tamén expuxo a solicitude do municipio ao Consorcio de Santiago para a mutación demanial do Complexo Deportivo Multiusos Fontes do Sar e as instalacións deportivas anexas, a favor do Concello. Segundo lembrou Louzao, este complexo foi construído polo Consorcio en terreos adquiridos mediante a compra ou expropiación por parte do propio Concello. Ademais, en 2025 vence a última das prórrogas posibles do convenio de colaboración entre ambas as entidades.

TAXA TURÍSTICA E ORZAMENTOS MUNICIPAIS

Noutra orde de cousas, e preguntada por avances no diálogo coa Xunta de Galicia pola implantación da taxa turística, Louzao negou que se deu ningún paso e sinalou que continúan á espera de recibir o articulado que se lles prometeu na última reunión.

De feito, recoñeceu que no Goberno municipal están “sorprendidos e preocupados” ante a tardanza. “Díxosenos que teriamos o articulado co tempo suficiente para poder enriquecer e presentar emendas no trámite parlamentario, pero a día de hoxe seguimos sen el”, indicou Louzao.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...