InicioECONOMÍASantiago de Compostela rexistrou nos primeiros 9 meses de 2024 o visado...

Santiago de Compostela rexistrou nos primeiros 9 meses de 2024 o visado para construír 128 novas vivendas

Publicado o

Xornal de Compostela

A sede do Colexio oficial da Arquitectura Técnica da Coruña (COATAC) tramitou 128 visados de novas vivendas en Santiago de Compostela de xaneiro a setembro deste ano, 23 máis que no mesmo período do ano anterior. Deste xeito, rexístrase un repunte do 21,9 por cento. Segundo os datos do Gabinete Técnico do Colexio oficial da Arquitectura Técnica da Coruña, o visado de novas vivendas a construír en toda a provincia da Coruña estableceu un destacado crecemento do 36,36%.

As oficinas da entidade rexistraron no nove primeiros meses deste ano un total de 1.380 visados de vivendas a construír en toda a provincia da Coruña, fronte ás 1.012 vivendas do mesmo período de 2023. Neste caso, desde que comezou a década, por primeira vez supérase a barreira das 1.300 vivendas visadas no nove primeiros meses do ano.

BOAS PERSPECTIVAS

Nun comunicado, o presidente do Colexio oficial da Arquitectura Técnica da Coruña, Carlos Mato, sinalou que prevé “bos tempos” para o sector da construción na capital coruñesa. O COATAC augura que as rehabilitacións manterán o seu protagonismo animadas polos programas de axuda para a rehabilitación enerxética de edificios e vivendas procedentes dos Fondos Europeos Next Generation. “Están a ser fundamentais para a renovación do noso parque de vivendas”, destaca Carlos Mato.

O máximo representante dos profesionais da Arquitectura Técnica da Coruña tamén prevé un incremento da actividade de obra nova, que chegará da man das novas promocións previstas na cidade de Santiago de Compostela. “Constatamos a través da sede do COATAC en Compostela que esta cidade está a rexistrar un incremento en novos proxectos de promocións de vivenda tanto de iniciativa pública como privada”.

Pola súa banda, a entidade sinala que outro factor que dinamizará a curto e medio prazo o sector da construción será a baixada do prezo do diñeiro.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...