InicioMOV. SOCIAISO BNG denuncia a bandalización da súa campaña contra a manipulación da...

O BNG denuncia a bandalización da súa campaña contra a manipulación da CRTVG

A campaña avoga pola defensa dos e das xornalistas e contra a manipulación dos medios públicos

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O BNG emitiu un comunicado este venres a través da rede social X en resposta ao dano sufrido por un dos seus carteis contra a manipulación dos medios públicos, situado no cruce entre a rúa Xeneral Pardiñas e República del Salvador en Santiago. Nunha imaxe difundida polo propio partido, vese o mupi coa súa publicidade desaparecida e restos de cristal no chan, o que, segundo os nacionalistas, “non deterá” a súa campaña.

No comunicado, o BNG declara que continuará coa súa denuncia tanto “nas rúas como nas redes” para reclamar unha CRTVG ao servizo da sociedade galega e “sen manipulación política”, sinalando que as súas accións están tamén orientadas á defensa da liberdade e independencia profesional das e dos xornalistas.

Entre os obxectivos desta campaña, que inclúe carteis e mensaxes en redes sociais, o BNG apunta á necesidade de garantir uns medios públicos que representen a pluralidade da sociedade galega e non respondan, en palabras do partido, “a intereses partidistas”. O partido asegura que manterá a súa presión para denunciar o que considera unha inxerencia política nos medios públicos e defende a CRTVG como “un servizo público independente ao servizo de Galicia”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here