InicioSANTIAGOGoretti Sanmartín non descarta subir o IBI aínda que "non hai ningún...

Goretti Sanmartín non descarta subir o IBI aínda que “non hai ningún escenario pechado”

Respecto dunha posible actualización do Plan Inungal exposta por Augas de Galicia, Goretti Sanmartín mostrou a súa total disposición a facer as actualizacións "que sexan necesarias"

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, non descarta unha subida do Imposto de Bens Inmobles (IBI), pero apela á prudencia e asegura que non hai aínda “ningún escenario pechado”.

Así se expresou a alcaldesa en declaracións aos medios este venres, tras participar na inauguración do Centro de Investigación Mestrelab, en Santiago.

Segundo explicou, no borrador interno dos orzamentos municipais, aparecen “diversos escenarios” para conseguir un balance entre ingresos e gastos, “sabendo que hai unha subida importante de todos os servizos e sabendo que a xente quere servizos de calidade”.

Entre eles, está unha posible subida do IBI. “Non descartamos que poida haber algunha proposta deste tipo de incremento, pero non é un escenario pechado porque non temos a distribución definitiva de como quedaría ese borrador. Imos esperar un pouco, pero é un escenario que non descartamos”, recoñeceu.

A rexedora municipal insistiu en que o escenario actual é “complicado”, con regras fiscais xa en vigor, co encarecemento de prezos, con moitos contratos que necesitan regularizarse… “É lóxico que esteamos a buscar ingresos e buscando recursos nun escenario onde hai algúns elementos tamén que despexar, como a falta de orzamentos do Estado”, sinalou, matizando que tampouco sería “imprescindible”.

AUGAS DE GALICIA

Por outra banda, respecto dunha posible actualización do Plan Inungal exposta por Augas de Galicia, Goretti Sanmartín mostrou a súa total disposición a facer as actualizacións “que sexan necesarias” e destacou a boa colaboración coa entidade, coa que manteñen reunións habituais, con “diálogo fluído”.

Así as cousas, a alcaldesa reflexionou e animou a facer “un esforzo” na pedagoxía para que, por exemplo, “a xente entenda que hai determinadas especies nos ríos que facilitan que esas zonas inundables, nun momento dalgún crecemento do río, pode limpar para non provocar problemas”.

“Creo que sobre iso falta pedagoxía, esas campañas de sensibilización e de concienciación”, apuntou.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...