InicioSANTIAGOSantiago asina unha colaboración co CISPAC para reforzar o papel do mercado...

Santiago asina unha colaboración co CISPAC para reforzar o papel do mercado de Abastos

Concello de Santiago e USC están a convocar a representantes de administracións, asociacións empresariais, colectivos profesionais, partidos políticos, sindicatos, institucións, asociacións culturais e veciñais para celebrar tres foros participativos de face a articular o Pacto Local por un Turismo Sustentable

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago abriu unha liña de colaboración co Centro de Investigación Interuniversitaria das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) para realizar un informe sobre o papel do mercado de Abastos como centro de alimentación de proximidade, favorecendo a súa modernización para chegar a novos públicos e a súa conexión cos produtores.

Na elaboración dese estudo, que “debe ser base para reforzar a conexión dos produtores e produtoras coa Praza de Abastos”, estarán implicados os praceiros, “porque entendemos que a súa participación activa é imprescindible para pensar colectivamente o modelo do mercado para o futuro, identificar os seus problemas e pór en valor as súas potencialidades”, tal e como explicou o concelleiro Xan Duro.

Este traballo en colaboración co CISPAC comezará a próxima semana, cunha primeira reunión aberta aos placeiros, o 14 de novembro. Posteriormente, desenvolveranse reunións de traballo sectoriais con investigadores do Centro.

Do resultado destas xornadas e do traballo do CISPAC irase dando conta na mesa de traballo da Praza de Abastos, constituída por dez representantes das diferentes naves do mercado, un representante da Unión de Consumidores de Galicia, outro do sector hostaleiro, e outra das entidades veciñais. Ademais, participan diferentes técnicos municipais e o propio Xan Duro.

CONCELLO E USC

Concello de Santiago e USC están a convocar a representantes de administracións, asociacións empresariais, colectivos profesionais, partidos políticos, sindicatos, institucións, asociacións culturais e veciñais para celebrar tres foros participativos de face a articular o Pacto Local por un Turismo Sustentable.

Trátase, informou o concello da capital, de tres sesións que terán lugar a próxima semana -nas tardes do martes, mércores e xoves- e que se enmarcan na fase de diagnóstico da posta en marcha do mencionado Pacto, que ten por obxectivo de dotar Compostela dun “modelo de gobernación turística de nova xeración”.

O proceso busca coñecer a pluralidade de perspectivas que poden achegar diferentes actores sociais, económicos e culturais para conciliar as potencialidades do turismo como actividade económica coas necesidades e a vida cotiá da poboación residente.

Así, as persoas participantes traballarán sobre cuestións relacionadas cos retos do turismo sustentable en Compostela, cos beneficios e inconvenientes do turismo na cidade, coa implantación da taxa turística ou coas políticas turísticas. As persoas convocadas para participar neste proceso foron distribuídas aleatoriamente en tres sesións para promover a maior diversidade posible e favorecer o intercambio de ideas. As sesións serán moderadas por un equipo da USC.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...