InicioCULTURACineuropa 2024 arrinca este xoves con máis de 130 filmes e a...

Cineuropa 2024 arrinca este xoves con máis de 130 filmes e a vista posta no devir da democracia no cinema

A apertura, no Teatro Principal, será coa película francesa 'Ao grande', de Emmauel Courcol, estreada na sección oficial do último festival de Cannes e premio do público en San Sebastián

Publicado o

Xornal de Compostela

A 38 edición de Cineuropa botará a andar o vindeiro xoves, día 7, e prolongarase ata o 24 de novembro programando máis 130 películas en cinco espazos de Santiago de Compostela, ademais de debates, encontros e concertos, baixo o fío condutor da liberdade e o devir da democracia desde a óptica cinematográfica. A apertura, no Teatro Principal, será coa película francesa ‘Ao grande’, de Emmauel Courcol, estreada na sección oficial do último festival de Cannes e premio do público en San Sebstián.

Como é tradicional, no festival compostelán estarán representados as películas máis destacadas dos circuítos internacional e europeo, con numerosas miradas e procedencias, tendo sempre en conta o nexo coa actualidade e coa “realidade política e social”, como explicou este martes o seu director, José Luís Losa. O festival empápase de estética das eleccións estadounidenses para dar cabida a lecturas sobre a liberdade e a pezas transgresoras, entre as que haberá estreas absolutos.

Na lista de grandes firmas da programación figuran os franceses François Ozon (Quand vient l’automne), Bruno Dumont (L’Empire) ou Quientin Dupieux (Lle deuxieme acte); a británica Andrea Arnold (Bird) e o seu compatriota Mike Leigh (Hard Truths), ademais do italiano Paolo Sorrentino (Parthenope), o portugués Miguel Gomes (Grand Tour) e o norteamericano Paul Schrader (Oh Canada). Entre os títulos que proxectará Cineuropa está o filme xeorxiano April, de Dea Kulumbegashivili, a película iraniana ‘The seed of the sacred fig’, de Mohammad Rassoulof; a cinta anglo-senegalesa ‘Dahomey’, de Mati Diop; a austríaca ‘The Devil’s Bath’, de Verónica Frantz; e ‘Yeohaengjaui pilyo’, o novo encontro de Isabelle Huppert co coreano Hong Sang-Soo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...