InicioSOCIEDADEPersoal das fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia ameazan cunha folga...

Persoal das fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia ameazan cunha folga ante a sede da Consellería

En palabras do portavoz da CIG neste conflito, Miguel Tizón, os traballadores destas catro entidades sentense "esquecidos" e "ignorados" por parte da Xunta tras un ano pedindo que se inicie o diálogo para ter un convenio único

Publicado o

Xornal de Compostela

Decenas de persoas concentrouse este mércores ante a sede da Consellería de Sanidade, no barrio compostelán de San Lázaro, para volver reclamar un convenio único para todo o persoal das catro fundacións públicas de investigación sanitaria. Na protesta participaron responsables sindicais de CIG, CSIF, CCOO e UGT, quen rexistraron unha solicitude formal para que lles reciba o conselleiro, Antonio Gómez Caamaño, e non descartan convocar unha folga. En palabras do portavoz da CIG neste conflito, Miguel Tizón, os traballadores destas catro entidades sentense “esquecidos” e “ignorados” por parte da Xunta tras un ano pedindo que se inicie o diálogo para ter ese convenio único.

En concreto, os traballadores afectados correspóndense cas tres fundacións que o 1 de xaneiro de 2024 foron absorbidas por Sanidade (Fundación Biomédica Galicia Sur de Vigo, Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e Fundación de Investigación Biomédica Iibic da Coruña) e cuxos convenios caducaron en 2022, así como coa Fundación Galega de Medicina Xenómica. Os sindicatos reclaman “cousas básicas” como a equiparación das retribucións, a carreira profesional e os trienios. Ademais, no caso do persoal de Medicina Xenómica, que fai actividade totalmente asistencial, “a día de hoxe non negociou nunca” un propio, senón que se adheriu a un que leva “15 anos caducado”.

A XUNTA ESTUDA UNHA VÍA PARA TODAS

A Consellería de Sanidade asegura que “entende a demanda” para negociar un novo convenio e explica que está a traballar coa de Facenda para estudar cal é “o modelo máis idóneo e ofrecer a mellor resposta” ás demandas dos traballadores. Neste sentido, sinala a “dificultade” de contar cun convenio conxunto que afecte tanto as tres fundacións biomédicas como á de Medicina Xenómica, porque esta última é “fundamentalmente asistencial”.

“Isto supón un cambio respecto ao marco negociador anterior, e tamén con respecto ás características dos centros que participen nese convenio único”, subliñan as mesmas fontes. A Consellería de Sanidade cualifica de “prioridade absoluta” a investigación e destaca que, nos seus orzamentos para 2025, hai consignados 23 millóns a este labor, aos que se suman outros 47,4 millóns para as fundacións públicas de investigación e outros 7 millóns para a de Medicina Xenómica.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...