InicioSOCIEDADEA iluminación de Nadal en Santiago aumenta en 50.000 euros este ano

A iluminación de Nadal en Santiago aumenta en 50.000 euros este ano

Adxudicado por 263.780 euros o contrato para a iluminación de Nadal en Santiago.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno de Santiago de Compostela aprobou este luns a adxudicación do contrato mixto da iluminación de Nadal 2024 á empresa Iluminacións Santiaguesas, que presentou unha proposición económica de 263.780 euros.

Así o confirmou este luns en rolda de prensa a edil Pilar Lueiro, que apuntou que a iluminación do Nadal será “na liña” do do ano pasado, pero con máis arcos e elementos lumínicos en certos puntos da cidade. Esta cantidade supón un incremento no investimento para a iluminación do Nadal con respecto ao ano pasado, cando se destinaron ao contrato 214.000 euros.

Por outra, parte, o programa municipal de conciliación de Nadal desenvolverase entre o día 23 de decembro e o 7 de xaneiro, nas instalacións do CEIP Quiroga Palacios e Monte dos Postes e as familias interesadas poderán presentar a súa solicitude desde este martes, 29 de outubro, e ata o próximo 4 de novembro. Tamén abre este luns o prazo de solicitude para participar no programa de conciliación VacaLudos no Espazo María Miramontes.

O programa de conciliación de Nadal é unha iniciativa municipal dirixida a nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria da cidade (entre o 2º ciclo de educación infantil e o 3º ciclo de educación primaria) con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, concibido como un espazo educativo, de promoción do lecer e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións

A oferta de actividades para esta edición desenvolverase durante o período de vacacións escolares: os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2024 e o 2, 3, e 7 de xaneiro de 2025. O horario será de 9,00 a 14,00 horas, con posibilidade de ampliar o horario co servizo de madrugadores con almorzo (de 7,45 a 9,00 horas) e o servizo de comedor (de 14,00 a 16,00 horas).

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...