InicioCULTURAO Festival Internacional de Maxia de Ames regresa con novas actividades para...

O Festival Internacional de Maxia de Ames regresa con novas actividades para todos os públicos

O XIX FestiMax ofrece espectáculos, obradoiros e un photocall máxico en Bertamiráns e O Milladoiro desde o venres 25 ata o domingo 27 de outubro

Publicado o

Xornal de Compostela

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollen este fin de semana o XIX Festival Internacional de Maxia de Ames, un evento organizado polo Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña. Este ano, o programa trae novidades como un photocall máxico, unha sesión de maxia para maiores e outra dirixida a bebés, na que xa están esgotadas as entradas. A última sesión da Gala Máxica Internacional, o domingo 27 ás 19:30 en Bertamiráns, conta aínda con entradas dispoñibles na Billeteira electrónica.

O festival arrinca con varias actividades para todos os públicos. Na praza de Chavián, a maga arxentina Lore Lavand presentará ‘O Baúl da maxia’, onde realizará maxia de proximidade para grupos reducidos en pases entre as 18:00 e as 20:30 horas, por orde de chegada. Entre as novidades destaca tamén un photocall máxico na Casa da Cultura do Milladoiro, onde as persoas que participen poden sacarse fotos seguindo as indicacións dispoñibles xunto ao sofá preparado para a ocasión.

Entre os eventos programados, o mago galego Dani Polo liderará dúas sesións de maxia para maiores o venres 25 en Bertamiráns e O Milladoiro. Ademais, o espectáculo de maxia para bebés, titulado ‘Patapún’, será dirixido polo Mago Paco e xa ten os convites esgotados para as dúas sesións do venres.

Para os máis novos, o sábado 26 e o domingo 27 celebraranse obradoiros de maxia en ambos centros culturais, destinados a rapaces de entre 8 e 14 anos. Os interesados deben inscribirse enviando un correo a cultura@concellodeames.gal. Aínda quedan prazas para a sesión das 11:00 horas do sábado no Milladoiro, mentres que as demais sesións están esgotadas.

A Gala Máxica Internacional será o sábado 26 e domingo 27, con catro funcións. O evento contará con magos de recoñecido prestixio, como Nacho Samena, Ramó & Alegría, Bruno Tarnecci e Néstor Hato.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here