InicioCULTURAO mural 'O tendal cuántico' une ciencia e cultura rural na rúa...

O mural ‘O tendal cuántico’ une ciencia e cultura rural na rúa Bernardo Barreiro de Santiago

A nova obra de Yoseba Muruzábal fusiona a supercomputación e as mulleres do rural galego co apoio do Centro de Supercomputación de Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

O artista Yoseba Muruzábal inaugurou ‘O tendal cuántico’, un novo mural na rúa Bernardo Barreiro de Santiago de Compostela, no que combina a supercomputación e a cuántica coa representación das mulleres do rural galego. O mural forma parte da serie ‘Fenómenas do Rural’, na que Muruzábal retrata mulleres de distintas localidades galegas como figuras de gran forza e resiliencia, dotándoas de “superpoderes” que simbolizan o seu esforzo diario no rural.

Encargado polo Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), o mural representa dúas mulleres tendendo roupa en escenas paralelas, acompañadas de elementos como “medusas voadoras” que, en realidade, simbolizan computadores cuánticos. A intención, segundo o artista, era incorporar o tema da cuántica ao concepto das mulleres rurais, un reto creativo que Muruzábal cualifica de “moi complexo”.

Un dos detalles destacados da obra é a presenza dunha sudadeira co logo dos Suaves e un gato que simboliza o famoso gato de Schrödinger, un achegamento humorístico que o Cesga propuxo. O mural inclúe tamén unha fórmula matemática, como referencia ao fenómeno cuántico que inspira a obra. “O que está a pasar aí é real, xa que no mundo subatómico iso si que pode chegar a pasar”, explicou o artista.

A serie ‘Fenómenas do Rural’ de Muruzábal xa é recoñecida en Santiago, con outras obras en Romero Donallo e Fontiñas, e tamén en concellos como Ordes e Carballo, onde as ‘greleiras’ e ‘mulleres acróbatas’ de Muruzábal decoran as fachadas. O artista sinala que cada mural conta unha historia que homenaxea unha xeración de mulleres do rural galego, cunha forza e dedicación específicas que, segundo el, non se atopan máis aló do minifundio galego.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...