InicioSANTIAGOA Facultade de Ciencias da Comunicación inaugura Virtus, unha nova plataforma tecnolóxica...

A Facultade de Ciencias da Comunicación inaugura Virtus, unha nova plataforma tecnolóxica para a investigación virtual

O proxecto pretende impulsar a innovación docente e a transferencia de coñecemento no ámbito audiovisual galego

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela abriu este mércores Virtus, unha plataforma tecnolóxica situada na Facultade de Ciencias da Comunicación que se presenta como un espazo de solucións virtuais avanzadas. Este novo recurso permitirá aos grupos de investigación e axentes sociais desenvolver proxectos de forma colaborativa e multidisciplinar, aproveitando as tecnoloxías de realidade virtual e mixta.

Virtus nace froito do traballo do Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) da USC, e ten como núcleo tecnolóxico un Estudio Virtual de Televisión de última xeración recentemente instalado na facultade. O obxectivo desta infraestrutura é converterse nun centro de creación de contidos en realidades virtual e mixta, facilitando a súa integración na investigación universitaria e ofrecendo novas ferramentas para a innovación docente.

Ademais de permitir a gravación de contidos audiovisuais para a divulgación do coñecemento científico, Virtus ofrecerá a posibilidade de participar remotamente en eventos científicos a través de contornas 3D, integrando cámaras e contidos dixitais en tempo real. Desta forma, busca facilitar a transferencia do coñecemento científico xerado na USC ao tecido TIC e audiovisual galego.

A presentación oficial tivo lugar durante a xornada ‘Portas a Virtus’, presidida polo reitor da USC, Antonio López, e coa participación da decana da Facultade de Ciencias da Comunicación, Ana Isabel Rodríguez, entre outras autoridades académicas.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...