InicioSANTIAGOO Concello de Santiago abre expedientes a taxistas da quenda do aeroporto

O Concello de Santiago abre expedientes a taxistas da quenda do aeroporto

Fontes do goberno local relataron que os controis se activaron tras recibir queixas de usuarios por supostos incumprimentos de obrigacións reguladas nalgún caso pola lei do taxi

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago tramitará expedientes a taxistas tras detectar, por mor de inspeccións da Policía Local, incumprimentos en obrigacións ligadas co seu papel de servizo público e nas quendas rotatorios negociados meses atrás con Raxoi para o aeroporto Rosalía de Castro, en Lavacolla.

Fontes do goberno local consultadas por Europa Press relataron que os controis se activaron tras recibir queixas de usuarios por supostos incumprimentos de obrigacións reguladas nalgún caso pola lei do taxi. Por exemplo, entre as queixas estaba a falta de taxis adaptados ou unha incorrecta adaptación ou a negativa a facer reservas.

Así mesmo, a principios deste mes, o departamento municipal de Mobilidade, que dirixe Xan Duro, tamén comunicou unha resolución ás asociacións de taxistas da cidade na que se trasladaba que deben cumprir as obrigacións que teñen como servizo público.

Xa na semana do 15 de outubro realizáronse inspeccións e detectáronse incumprimentos nas quendas do aeroporto e tamén relativos aos vehículos de taxi adaptado.

As fontes consultadas por Europa Press ratificaron que, en total, unha decena de vehículos foron detectados incumprindo as quendas e tramitaranse os expedientes que correspondan. Ademais, o goberno local prevé manter os controis.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...