InicioCULTURAA Cátedra Valente acollerá un encontro internacional sobre investigacións epistolares, interculturais e...

A Cátedra Valente acollerá un encontro internacional sobre investigacións epistolares, interculturais e interdisciplinarias

Investigadores de varios países presentarán os seus estudos arredor da obra de José Ángel Valente na USC

Publicado o

Xornal de Compostela

O vindeiro venres 25 de outubro, a Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebrará un encontro sobre investigacións internacionais que se levaron a cabo na propia cátedra. O evento, que terá lugar na Biblioteca da Facultade de Filoloxía entre as 16:00 e as 20:30 horas, estará dirixido polo poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer, actual director da cátedra.

O programa contará con tres seccións principais: investigacións epistolares, interculturais e interdisciplinarias. Na primeira parte, sobre investigacións epistolares, intervirán a profesora Ruth Fernández Fernández, a investigadora Laura Paz Fentanes e o profesor Saturnino Valladares, quen abordarán as correspondencias entre Valente e outros poetas, como Vicente Aleixandre ou José-Miguel Ullán.

Na segunda sección, centrada nas investigacións interculturais, participarán a catedrática María Lopo e a xestora cultural Cristina Fiaño, quen falarán sobre a relación de Valente con París e Cuba, respectivamente. Finalmente, a terceira parte, dedicada ás investigacións interdisciplinarias, incluirá a intervención das investigadoras Adina Ioana Vladu e Maria Maffei, que presentarán estudos sobre a poesía de Valente desde enfoques computacionais e tradutolóxicos.

Este evento enmárcase nas actividades regulares da Cátedra Valente, que xa acolleu outros encontros con destacadas figuras da poesía e a filosofía, tanto de Europa como de América e África. Durante a xornada, entregarase aos asistentes o libro Aleixandre y Bousoño escriben a Valente, de Ruth Fernández Fernández e Laura Paz Fentanes.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here