InicioSANTIAGOFalece Isabel Rodríguez, propietaria do mítico bar O Filandón

Falece Isabel Rodríguez, propietaria do mítico bar O Filandón

A propietaria do mítico bar compostelán é recordada con agarimo polos seus amigos e familia

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Frecuentado por composteláns, peregrinos, turistas e estudantes, o bar O Filandón, no número 6 da rúa da Acibechería, é unha das reliquias do casco histórico compostelán. Ademais dun lugar onde tomar un bo viño, cear ou probar as súas famosas tostas, O Filandón é tamén vinoteca e tenda de produtos de degustación. Un pequeno local enxebre e tradicional con toda a esencia do casco histórico da capital de Galicia, moi coñecido pola tradición de deixar mensaxes en servilletas de papel na parede.

Este luns o comercio santiagués está de loito tras coñecer o falecemento da súa propietaria, Isabel Rodríguez, dun cancro de pulmón aos 55 anos. Isabel comezou na hostalaría no bar Calviño, no Cantón de San Bieito, rexentándoo coa súa sogra cando faleceu o seu marido. No ano 2000, tralo peche do Calviño, asumiu a xerencia do Filandón ata o día de hoxe, atendendo a turistas e locais como se fosen os seus amigos. Quen a coñecían defínena como “a nai de todos”, unha muller de carácter, pero de corazón enorme.

Segundo puideron confirmar fontes familiares a Xornal de Compostela, posiblemente os fillos continúen á fronte do Filandón.

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais do Centro Comercial Aberto Compostela Monumental quixo sumarse, xunto con familiares e amigos de Isabel Rodríguez, ao pésame aos seus achegados. A Xunta Directiva da asociación amosou así en redes sociais a súa “solidaridade e cariño, nestes momentos tan duros con toda a súa familia, amigos e clientes”.

A familia e amizades de Isabel Rodríguez organizan hoxe, martes, un funeral na súa honra na igrexa parroquial de San Martín de Dornellas, en Silleda, despois do seu traslado ás 16:00 á localidade pontevedresa, onde será enterrada. A capela ardente será na sala 1 do Tanatorio Municipal de Boisaca.

Esquela situada no escaparate do Filandón – Xornal de Compostela

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here