InicioSUCESOSO 70 % dos visitantes de Santiago pasan dúas ou máis noites...

O 70 % dos visitantes de Santiago pasan dúas ou máis noites na cidade

Segundo medicións sonoras recollidas no marco da campaña 'Fráxil', o volume de ruído medio é de 67 decibeis, "o dunha conversación"

Publicado o

Xornal de Compostela

As máis de 3.600 enquisas recollidas entre o 23 de agosto e o 6 de outubro na segunda parte da campaña informativa ‘Fráxil’, do Concello de Santiago, sinalan que o 70 % dos que entrevistados pasan dúas ou máis noites na cidade. Tal e como detallou este luns en rolda de prensa a portavoz do Goberno local, Míriam Louzao, de todas as enquisas, o 63 % foron cubertas por persoas que visitaban a cidade desde o resto do Estado, mentres que o outro 37 % eran visitantes internacionais. Ademais, o 62 % viñan a Compostela realizando o Camiño, o 33 % por turismo e o 5 % restante para visitar a familia ou amizades.

Esta distribución, apuntou Louzao, débese a que as parellas que informaban a pé de rúa situábanse en puntos de entrada da ruta xacobea á cidade. Por tipoloxía de aloxamento, o 47 % quedaría en albergues, hostais ou pensións, seguido de hoteis (28 %) e de apartamentos turísticos (9 %). Sobre o tempo de estancia, a edil explicou que o 70 % das persoas enquisadas afirmaron que pasarían dúas ou máis noites na cidade, mentres que o 28 % sinalaba que só unha noite e o 2 % dixo que estaría unhas horas.

MEDICIÓN DE RUÍDO

Doutra banda, no marco desta campaña tamén se realizaron máis de 1.000 medicións a través de sonómetros, cunha media de 25 ao día. Así, tal e como manifestou a portavoz local, a media de todas as medicións que se recolleron foi de 67. Segundo Louzao, trátase dun dato “moi relevante”, xa que entre 40 e 80 decibeis considérase “ruído confortable”, semellante ao dunha conversación. De todas elas, o 2 % si que superaron os 100 decibeis e a medición máis alta alcanzou os 115, “que é o ruído que fai unha ambulancia”Esta última tivo lugar o 26 de agosto na Praza do Obradoiro ás 12.50 horas. Con estes datos, Louzao considera que se conseguiu chegar a “un número significativo” de persoas de modo “directo” para informalos da campaña ‘Fráxil’ e de alternativas de visitas, ademais de obter información que, sinalou, axudará a definir posteriores accións.

MODELO “CONSCIENTE E RESPONSABLE”

En concreto, mencionou as medicións de ruído que, na súa opinión, “constatan que a maioría de persoas compórtanse responsablemente”. “Nesa porcentaxe do 2 % é no que temos que seguir traballando para reducilo ao 0 %”, manifestou. “En conxunto, podemos dicir que estas accións de información e concienciación son pasos adiante no camiño de sensibilización sobre a necesidade de buscar unha convivencia harmónica”, reivindicou. Nesta liña, Míriam Louzao tamén destacou que esta campaña “levantou unha gran expectación mediática”, o que, ao seu xuízo, “sitúa Santiago como un destino que traballa por un modelo consciente e responsable”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...