InicioSANTIAGOAMESO BNG de Ames solicita melloras no transporte público no rural mediante...

O BNG de Ames solicita melloras no transporte público no rural mediante unha moción presentada ao pleno

A formación nacionalista insta á Xunta a garantir un servizo de transporte digno e eficiente en Ames, con especial atención ao rural

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG de Ames presentou unha moción no pleno do próximo 31 de outubro para demandar unha revisión do transporte público no rural do concello. A formación propón unha serie de medidas para mellorar a mobilidade da veciñanza e esixir á Xunta de Galicia o cumprimento dos contratos en vigor do servizo de transporte.

Entre as propostas, o BNG solicita que o Concello de Ames dote de marquesiñas ás paradas do rural e que a Xunta garanta o correcto cumprimento dos percorridos e horarios. Ademais, propoñen a incorporación dun Servizo de Noitebús para mellorar o acceso ao transporte durante a noite.

Escarlata Pampín, voceira do BNG, subliña que o actual deseño do transporte público “provoca unha clara discriminación” para a veciñanza do rural, dificultando especialmente o acceso á ensinanza superior e afectando a persoas sen transporte privado, como a mocidade e os maiores.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here