InicioECONOMÍAA Xunta anuncia a construción do novo edificio do Cesga con máis...

A Xunta anuncia a construción do novo edificio do Cesga con máis de 12 millóns de euros de investimento

O proxecto, situado no polígono da Sionlla, incluirá novas infraestruturas de supercomputación avanzadas para Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, anunciou este venres en Santiago de Compostela a construción dun novo edificio para o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), cunha inversión de máis de 12 millóns de euros. Esta nova infraestrutura albergará tecnoloxías avanzadas de supercomputación e permitirá a Galicia estar á vangarda en Europa. O conselleiro destacou que este proxecto é “un dos proxectos estrela” da súa consellería nesta lexislatura.

A edificación, situada no polígono da Sionlla, ocupará unha parcela de máis de 9.100 metros cadrados e contará con 2.500 metros cadrados de superficie construída. O investimento total do proxecto superará os 56 millóns de euros, con fondos propios da Xunta e fondos europeos.

Ademais da construción do novo edificio, o proxecto inclúe a instalación do Finisterrae IV, un novo supercomputador con aplicacións vinculadas á intelixencia artificial, e o desenvolvemento de capacidades para impulsar o ecosistema de computación cuántica en Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here