InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOUnha exposición exhibe no Pazo de Fonseca imaxes dos 25 bens patrimonio...

Unha exposición exhibe no Pazo de Fonseca imaxes dos 25 bens patrimonio inmaterial recoñecidos no Estado

A mostra conformada por 25 paneis cos bens recoñecidos pola Unesco permanecerá no claustro baixo do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago durante un mes, ata o 16 de novembro, data na que se celebra o Día Internacional do Patrimonio Material

Publicado o

Xornal de Compostela

Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas Ondas! reivindicou este xoves 17 de outubro, primeiro Día Internacional do Patrimonio Inmaterial, a riqueza e a diversidade cultural do Estado cunha mostra fotográfica cos 25 bens patrimonio inmaterial recoñecidos pola Organización das Nacións Unidas para a Cultura, as Ciencias e a Educación. A mostra conformada por 25 paneis cos bens recoñecidos pola Unesco permanecerá no claustro baixo do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago durante un mes, ata o 16 de novembro, data na que se celebra o Día Internacional do Patrimonio Material.

Na inauguración da mostra, o presidente da asociación, Santiago Veloso, reivindicou que a importancia do patrimonio cultural inmaterial (PCI) como patrimonio “vivo” é cada vez “máis importante” na vida das persoas e as comunidades. No acto participou o grupo de música tradicional conformado polo alumnado do CEIP da Ramallosa (Teo), protagonista dunha das imaxes da mostra. “Eles e elas xa son persoas portadoras do noso patrimonio e algún día sentiranse orgullosos de transmitir o seu saber e as súas prácticas aos seus descendentes”, sinalou Veloso.

A asociación convida a celebrar o ‘Outono do Patrimonio’ completando a programación da exposición con actividades nos centros socioculturais do Concello de Santiago e no Consello da Cultura Galega. Unhas accións que buscarán reivindicar o patrimonio cultural inmaterial galego portugués e homenaxear a algún dos seus portadores e cuxa programación se completan con actividades en Ourense, Valença do Minho e Vigo.

No acto, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, puxo en foco en que ese patrimonio intangible é froito da interacción entre o territorio e a sociedade, de forma que cada comunidade “ten algo de seu e que ninguén máis ten”. Ademais, destacou o carácter integrador da identidade galega. “Estas celebracións queren pór o acento respecto diso da diversidade, da identidade do outro e dar a coñecer as maneiras de ser e estar no mundo”, destacou.

Na inauguración, na que tamén participou o concelleiro compostelán Xan Duro e o vicerreitor da USC, Gumersindo Feijóo, outro dos integrantes da asocición, Xosé Manuel Diego, describiu a mostra como un “espazo de intercambio de coñecementos e saberes que cada un ten sobre algunha das manifestacións” que se recollen nas 25 imaxes. Nelas pódese ver a festa dos Cabalos do Viño de Caravaca de la Cruz (Murcia), a celebración da Patum de Berga (Cataluña) ou o asubío gomero, a linguaxe asubiada da Illa da Gomera, en Canarias.

En concreto, a Asociación Ponte… nas Ondas! traballa desde as aulas para divulgar a cultura común galego-portuguesa entre as novas xeracións, utilizando como soporte as novas tecnoloxías e particularmente, a radio, tratando de tender unha ponte radiofónica entre Galicia e Portugal. Deste xeito, a entidade convida aos centros educativos a que se somen á conmemoración desta data e que transmitan ao alumnado o valor da cultura inmaterial.

ÚLTIMAS

Unha nai leva o seu fillo ao hospital en taxi por falta de servizo médico permanente no aeroporto de Santiago

Un neno tivo que ser desembarcado dun avión no aeroporto de Santiago de Compostela...

O sector cultural compostelán recibe preto de 266.000 euros en subvencións municipais

A Concellaría de Capital Cultural, dirixida por Míriam Louzao, aprobou a concesión de preto...

A galería Araguaney inaugura a exposición ‘Ecos de terra e ritmo’ de Lola Saavedra

A galería de arte da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, situada no Hotel Eurostars Araguaney...

Ames pecha agosto con música, deporte e propostas culturais en distintas parroquias

O mes de agosto remata en Ames cunha intensa programación cultural e deportiva impulsada...

O Concello abre o prazo para presentar ofertas para a campaña de compostaxe ata o 8 de setembro

O Concello de Santiago mantén aberto ata o 8 de setembro o prazo de...

A Xunta pon en servizo a nova senda peonil e ciclista entre a Intermodal e San Caetano

A Xunta de Galicia completou as obras da senda peonil e ciclista que conecta...

A Xunta recibe catro ofertas para redactar o proxecto do novo aparcadoiro do CHUS

A Xunta de Galicia confirmou a recepción de catro ofertas para a redacción do...